Blogue de admin

ABALARMOBIL

ABALARMOBIL é unha ferramenta de mensaxería que permite ás familias comunicarse co centro educativo a tamén permite ao centro comunicar novas e incidencias ás distintas familias.

Deben descargar  a aplicación ABALARMOBIL dende Google Play Store se usa un mobil Android ou dende Apple store para sistemas operativos IOS.

O número de teléfono móbil debe estar rexistrado no programa Xade, así que se teñen algún problema chamen ao centro para poder solucionalo ou se é necesrio contactar coa UAC para solucionar as incidencias.

En documento adxunto explícase como instalar e rexistrarse na aplicación e tamén teñen un enlace a un vídeo titorial.

VIDEO TITORIAL

Gracias pola colaboración. Reciban un cordial saúdo.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-2021

Estimadas familias :

Está publicado no DOG o calendario escolar para o curso 2020-2021.

COMEZO DE CURSO: día 10 de setembro.Alumnado de programas formativos, xardinería e peiteado, o día 16 de setembro comeza o curso para eles.

TRANSPORTE E COMEDOR: dende o día 10 de setembro.

Poden consultar a orde de calendario escolar neste enlace

Reciban un cordial saúdo.

 

DESPEDIDA DE CURSO

O persoal do CEE SANTA MARÍA, queremos despedirnos e mandamos un gran abrazo a todos e todas. Vémonos en setembro ! un abrazo.

ver video

 

 

Día das Linguas de Signos Españolas

Hoxe, 14 de xuño, celébrase o Día das Linguas de Signos Españolas. 

No CEE Santa María sabemos da importancia destas linguas tanto para as persoas xordas como para aquelas que, sen ser xordas, as usan como vehículo de comunicación, favorecendo a  integración e facilitando a vida diaria; e da necesidade de visibilizalas e darlles apoio.

Grazas a Marta, e a nosa ILSE, Nerea, por animarnos a participar nesta iniciativa e elaborar este vídeo tan chulo.

 

REVISTA ESCOLAR

Xa temos aquí a nosa revista CHIOS 6, para descargala e poder vela pinchen no documento adxunto.

ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA

 

Bo día,

No Equipo de Biblioteca, ao comezar os períodos vacacionais durante o curso escolar, enviabamos a través dun tríptico as recomendacións de libros para que o alumnado, neste tempo de descanso, puidese gozar dalgún dos libros que alí mostrabamos. Pero esta vez, gustaríanos que fosen o noso alumnado o que fixese a súa recomendación, para o resto das súas compañeiras/os, neste período estival que está a piques de comezar.

Para iso, deberán sacar unha fotografía co libro que recomendan e debaixo da mesma o título do libro.  Posteriormente enviarase ao seu titor/a. O prazo de entrega, será o venres, 12 de xuño.

Con elas farase unha montaxe fotográfica ou de vídeo, dependendo do número de achegas que recibamos.

Esta montaxe publicarase no blogue da biblioteca.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

                                                                                                                                                  Equipo de Biblioteca

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

O día 20 de maio ábrese o prazo de presentación das axudas para libros de texto e material escolar. O prazo termina o día 19 de xuño. Como tódolos anos o centro colaborará na xestión destas axudas. A partir do luns día 25 comezaremos coa tramitación das mesmas. Enlace á páxina da xunta 

Reciban un cordial saúdo

Equipo directivo do CEE SANTA MARÍA