Skip to Content

Dependencias

DEPENDENCIAS DO CENTRO

 

 

DESCRIPCIÓN DA FINCA NA QUE SE ATOPA O CENTRO

 

O Centro de Educación Especial “O PINO” atópase nunha  parcela  situada nas aforas da capital, na antiga estrada Villacastín-Vigo, na zona do Barrio do Pino, ocupando parte da antiga parcela Casar-do-Mato, cunha extensión aproximada duns 2.000 m2, dos que están edificados uns 250 m2  ocupados polo edificio do Centro.

Limita polo Norte, co camiño que ocupaba a antiga liña do ferrocarril Ourense-Vigo, con acceso directo a estrada de Vigo, polo Sur coas naves do taller “SCANIA”, antes o garaxe dos autobuses municipais “Ourensana de Transportes”, ó Leste con leiras particulares e polo Oeste co camiño de acceso ás naves do taller “SCANIA”.

 

 O CENTRO

 

Comezou a súa andaina co nome de “Escuela Profesional Agrícola-Ganadera” do Patronato María Soriano, da Obra Social da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, en xullo de 1.968, aínda que a súa creación oficial foi posterior, pois data do 3-12-69, (B.O.E. 24-12-69).

Pasou por distintos emprazamentos, primeiro na parcela da Granxa da Deputación Provincial, despois nun piso no centro da capital, na rúa Cardeal Quiroga, que os propios alumnos foron preparando e decorando, ata que en abril de 1.970, pásase a este edificio da finca Casar-do-Mato. En setembro de 1.983, e tras o Convenio asinado entre Caixa Ourense e a Xunta de Galicia, convértese no Colexio Público de Educación Especial “O Pino”,  e na actualidade en Centro de Educación Especial  “O Pino” (LOE, artigo 111).

Sobre unha superficie construída duns 250 m2, con un  total de 580 m2 habitables, dos que uns 250 m2 están no primeiro andar, outros 250 m2 na planta baixa e uns 80 no soto.

 

O EDIFICIO

 

Construído para este fin, aínda que con carácter de certa provisionalidade, é un chalé de madeira, con elementos prefabricados, de forma escalonada, e simulando unha planta en  U.

No que poderíamos chamar primeiro chanzo ou soto, está o Comedor-cociña e a despensa.

 

COMEDOR

 

O comedor está separado da cociña por un mostrador, para facilitar o autoservicio da comida.

O mobiliario, é novo, recibiuse por parte da Consellería o 12-12-05 e componse de sete mesas e vinte e oito cadeiras en tono verde-consellería e a decoración esta feita a base de cadros pintados polos propios alumnos e enmarcados en paneis de cristal, xunto cuns casilleiros, tamén pintados por eles, e que poden pecharse, servindo para gardar os panos de mesa. Esta orientado ó mediodía, con amplas fiestras que proporcionan unha boa iluminación.

COCIÑA

 

Está dotada da correspondente maquinaria industrial para o seu cometido e dunha despensa para gardar os alimentos.

 

TALLER DE CARPINTARÍA – XIMNASIO- AULA HABILIDADES DA VIDA DIARIA.

 

No segundo chanzo, xa a nivel de entrada, está o Taller cos seus servizos correspondentes, un ximnasio que se construíu no ano 2012 con fondos do propio centro e unha Aula de Habilidades da Vida, construída pola Obra Social de La Caixa.

Este taller esta dotado da seguinte maquinaria:

      • Unha máquina combinada universal que se compón de cepilladora, regroso, serra de disco, fresa e trade.
      • Serra eléctrica de cinta.
      • Unha escuadradora.
      • Lixadoras portátiles.
      • Trade, esmeríl.
      • Serra caladora eléctrica portátil.
      • Mesas para montaxes, taboleiro para deseño, etc.
      • Diversas ferramentas e materiais de carpintaría.

O ximnasio consta do seguinte equipamento:

      • Dúas espaldeiras.
      • Unha bicicleta elíptica.
      • Unha bicicleta estática
      • Unha cinta correr.
      •  Dous aparatos para tonificación muscular.
      • Dúas pelotas grandes.
      • Pesas.
      • Etc.

Aula de Habilidades da Vida: consta dunha cociña totalmente amoblada (neveira, lavadora, utensilios para cociñar,...), unha zona para o secado da roupa e táboa de pasar o ferro e mesa de comedor con cadeiras.

 

PRIMEIRA PLANTA

 

Na primeira planta hai:

  • Unha sala de profesores-Dirección.
  • Tres aulas.
  • Aula-taller de informática- audiovisuais-realidade virtual-robótica e biblioteca inclusiva.
  • Un cuarto de material.
  • Aula de plástica e multidisciplinar.
  • Aseos.

Todo isto está dotado de mobiliario axeitado, ben orientado e con grandes fiestras que proporcionan unha boa iluminación. Hai calefacción eléctrica e megafonía nas distintas dependencias e no exterior.

As aulas están dotadas con mesas unipersoais (recibidas en setembro de 2.010) e a súa distribución varía segundo a finalidade principal de cada clase e as necesidades do momento.

A sala de profesores está dotada do mobiliario correspondente, o despacho de Dirección ten unha pequena biblioteca de consulta para o profesorado, é amplo e nel celébranse os Claustros, os Consellos Escolares e todas as reunións.

 

 

Álbum de exteriores

Exteriores do noso centro

Álbum: O noso centro -> Exteriores
Distribuir contido


by Dr. Radut