Skip to Content

Grupo B

Foto de Nadal aula B

As nosas tarefas

Quedamos na casa: Seguimos traballando! 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS. INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL DE 2020.

 

 

Consideramos que se aprende máis facilmente, con menos esforzo e maior desfrute persoal si o alumnado:

  • Está motivado porque se ten en conta os seus intereses, o seu estilo de aprendizaxe, a súa capacidade e os seus niveis de competencia curricular.
  • Participa activamente.
  • Consegue relacionar o que ten que aprender co que xa sabe.
  • Participa en actividades diversificadas, adaptables e variadas, en situacións e contextos reais ou o máis próximo posible ó real.
  • Traballa con materiais funcionais, acordes coa súa idade, cultura,..., percibindo un senso e practicidade práctica no que aprende.
  • Obtén os apoios e axudas que precisa e se respecta o seu ritmo de aprendizaxe.
  • Sente o recoñecemento ao esforzo e ao traballo que desenvolve.

 

 

Neste Proxecto Educativo inclusivo, as programacións didácticas elabóranse de modo que todos poidan aprender. Para elo, as unidades didácticas deben ser comúns, pero diversificadas. Cada alumno, mediante o desenvolvemento dos contidos programados, debe acadar as competencias clave e os OBXECTIVOS, realizando as actividades que estean  de acordo co seu nivel de competencia curricular e coas súas características.

A resposta á diversidade debe contemplar e reflectir toda esta diversidade de características do alumnado nas programacións didácticas.

En canto aos contidos, é preciso analizar os que son fundamentais para todos os alumnos, pero con distintos niveis de consecución: Non se trata de reducir ou empobrecer á aprendizaxe, senón de seleccionar e de decidir a extensión e o grao de complexidade dos mesmos.

 

Partindo dunha avaliación inicial, realízaselle a cada alumno unha PROGRAMACIÓN INDIVIDUALIZADA.

Dada a situación excepcional que estamos a sufrir pola situación sanitaria actual,  o Claustro do CEE “O PINO”, a través de videoconferencias,  estudou e decidiu as accións educativas que se ían acometer co noso alumnado para garantir o dereito á Educación baseado no principio de equidade e igualdade de oportunidades, tendo en conta a súa programación individualizada.

 

Decisións tomadas no Claustro para o terceiro trimestre:

  • Cada titor-a ( grupos A,B e C) elaborará un traballo individualizado para cada alumno-a para o terceiro trimestre e/ou fin do estado de alarma, coa colaboración da orientadora e do mestre especialista (Educación Física, Plástica), tendo en conta as súas Programacións Individuais.
  • As actividades irán encamiñadas á consecución das Competencias Clave, incidindo en lectura expresiva e comprensiva, cálculo, resolución de problemas, habilidades sociais e vida saudable, actividades plásticas (debuxo e pintura), creatividade, habilidades da vida diaria (hábitos de hixiene e autonomía persoal), educación emocional para traballar en familia e actividades físicas para manterse activos neste confinamento.
  • Establecese que cada mestre-a elabore o material para o alumnado do seu grupo-clase e o remita por mail ao centro.
  • Unha vez recompilado o material do alumnado, o equipo directivo, fixo copia e procedeuse a súa encadernación.
  • Todo este material foi remitido ás familias, que xa estaban informadas, por mensaxeira con cargo a Gastos de Funcionamento do Centro. 
  • Solicitóuselle ás familias o acuse de recibo, ben por whatsapp o vía telefónica.
  • Manter en todo momento o contacto coas familias para posibles aclaracións de dúbidas ou para resolver calquera situación que se poda producir (whatsapp o vía telefónica).
  • Solicitar ás familias que nos envíen fotos ou vídeos dos seus fillos-as na realización das actividades propostas.

Temos que dicir que a decisión de mandar o material impreso ao alumnado tivo moi boa acollida polas familias e así nolo fixeron chegar e tamén non dubidan en chamar  para aclarar dúbidas. O contacto é case diario con todas as familias.

 

As familias, a cotio, fan chegar ao centro dita solicitude (vídeos, fotos, dúbidas,…)

AVALIACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO.

As especiais características e necesidades deste alumnado, fan pensar nunha avaliación e promoción a un tempo mais longo, e esta, non debe basearse nos referentes normativos, posto que o seu obxectivo non debe ser  a certificación de notas nos aprendizaxes, senón mais ben, en constatar, si se conseguen ou non as competencias clave e os obxectivos, para, no caso contrario, reconducir os procesos de ensinanza e aprendizaxe si a situación así o require.

 

Neste terceiro trimestre avaliaranse en función das competencias clave e obxectivos alcanzados no primeiro e segundo trimestre e valorando tamén os traballos, sempre para favorecer ao alumnado, que están a realizar na casa e nos fan chegar ao centro a través das comunicacións coas familias.

Día da Nai

O vindeiro domingo 3 de maio celébrase o "Día da Nai".  (Recordar que é adicado á persona que asume ese rol). Neste curso, atopámonos nun momento excepcional que impide que podamos elaborar un detalliño xuntos.

 

  Por eso, pedímosvos a vosa colaboración:

  Gustaríanos que fixerades unha postal, unha sinxela manualidade (ramo de frores, marco para fotos, brazalete ou abalorio...etc.) Podedes realizalo con materiais de refugallo ou co que teñades na casa.

  Outra opción sería prepararlle un postre (torta de queixo, biscoito de iogur ou unhas ricas brochetas de froita).

  Tamén podedes grabar un vídeo curtiño decíndonlle toda as cousas bonitas que sentides por ela e todo o que lle agradecedes o que fai por vós.

  Decidide e pedídenos axuda, faremos o posible para preparar un pequeno agarimo para agradecer o que fan por vós todos os días do ano.

Rutinas na casa.

Debido ó peche do centro pola pandemia COVID-19, temos que atopar maneiras alternativas de estar en contacto. A través desta páxina web, do grupo "Familia O Pino" e do correo electrónico tentaremos superar esta situación.

  Xa todos recibistes o material individual impreso para traballar na casa; é importante facelo pouquiño a pouco e creando unha rutina de traballo diario. 

   Estamos a vosa disposición; lembrade a importancia de facer exercicio diario, ler e facer manualidades, e disfrutar dos momentos de lecer nos vosos fogares.

    Recordade: TODO VAI SAIR BEN!

TITORA: CONCEPCIÓN LÓPEZ CARNERO

Distribuir contido


by Dr. Radut