Próximo ó centro urbano de Ourense, está o CEE O Pino, o centro acolle alumnado dende 12 ós 21 anos de idade que presentan algún tipo de discapacidade psíquica ou sensorial.
A nosa filosofía do centro xira ó redor da búsqueda da aceptación, da autonomía, da felicidade, etc. Formamos ó noso alumnado para acadar valores e actitudes para a súa vida, a formación integral é o noso FIN.
No tocante ós servizos contamos cun comedor de xestión directa, con cociña propia. Os menús son equilibrados e empregamos produtos naturais para acadar unha dieta saudable.
O centro non ten transporte escolar; pero no alumnado da cidade potenciase o emprego do autobús urbano; é unha forma de fomentar a súa autonomía e independencia, e a súa vez unha forma de socialización.
No CEE O Pino apostamos por unha atención individualizada e un clima familiar.
O traballo divídese en centros de interese e obradoiros que complementan o traballo de aula nas áreas instrumentais básicas.
- Carpintaría
- Tecnoloxía
- Habilidades da vida diaria
- Informática e TICs
- Plástica
- Multidisciplinar
A través dun currículo funcional pretendemos acadar: o seu desenvolvemento persoal, a súa autorregulación, así como o seu equilibrio emocional.