Skip to Content

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS. INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL DE 2020.

 

Consideramos que se aprende máis facilmente, con menos esforzo e maior desfrute persoal si o alumnado:

  • Está motivado porque se ten en conta os seus intereses, o seu estilo de aprendizaxe, a súa capacidade e os seus niveis de competencia curricular.
  • Participa activamente.
  • Consegue relacionar o que ten que aprender co que xa sabe.
  • Participa en actividades diversificadas, adaptables e variadas, en situacións e contextos reais ou o máis próximo posible ó real.
  • Traballa con materiais funcionais, acordes coa súa idade, cultura,..., percibindo un senso e practicidade práctica no que aprende.
  • Obtén os apoios e axudas que precisa e se respecta o seu ritmo de aprendizaxe.
  • Sente o recoñecemento ao esforzo e ao traballo que desenvolve.

 

 

Neste Proxecto Educativo inclusivo, as programacións didácticas elabóranse de modo que todos poidan aprender. Para elo, as unidades didácticas deben ser comúns, pero diversificadas. Cada alumno, mediante o desenvolvemento dos contidos programados, debe acadar as competencias clave e os OBXECTIVOS, realizando as actividades que estean  de acordo co seu nivel de competencia curricular e coas súas características.

A resposta á diversidade debe contemplar e reflectir toda esta diversidade de características do alumnado nas programacións didácticas.

En canto aos contidos, é preciso analizar os que son fundamentais para todos os alumnos, pero con distintos niveis de consecución: Non se trata de reducir ou empobrecer á aprendizaxe, senón de seleccionar e de decidir a extensión e o grao de complexidade dos mesmos.

 

Partindo dunha avaliación inicial, realízaselle a cada alumno unha PROGRAMACIÓN INDIVIDUALIZADA.

Dada a situación excepcional que estamos a sufrir pola situación sanitaria actual,  o Claustro do CEE “O PINO”, a través de videoconferencias,  estudou e decidiu as accións educativas que se ían acometer co noso alumnado para garantir o dereito á Educación baseado no principio de equidade e igualdade de oportunidades, tendo en conta a súa programación individualizada.

 

Decisións tomadas no Claustro para o terceiro trimestre:

  • Cada titor-a ( grupos A,B e C) elaborará un traballo individualizado para cada alumno-a para o terceiro trimestre e/ou fin do estado de alarma, coa colaboración da orientadora e do mestre especialista (Educación Física, Plástica), tendo en conta as súas Programacións Individuais.
  • As actividades irán encamiñadas á consecución das Competencias Clave, incidindo en lectura expresiva e comprensiva, cálculo, resolución de problemas, habilidades sociais e vida saudable, actividades plásticas (debuxo e pintura), creatividade, habilidades da vida diaria (hábitos de hixiene e autonomía persoal), educación emocional para traballar en familia e actividades físicas para manterse activos neste confinamento.
  • Establecese que cada mestre-a elabore o material para o alumnado do seu grupo-clase e o remita por mail ao centro.
  • Unha vez recompilado o material do alumnado, o equipo directivo, fixo copia e procedeuse a súa encadernación.
  • Todo este material foi remitido ás familias, que xa estaban informadas, por mensaxeira con cargo a Gastos de Funcionamento do Centro. 
  • Solicitóuselle ás familias o acuse de recibo, ben por whatsapp o vía telefónica.
  • Manter en todo momento o contacto coas familias para posibles aclaracións de dúbidas ou para resolver calquera situación que se poda producir (whatsapp o vía telefónica).
  • Solicitar ás familias que nos envíen fotos ou vídeos dos seus fillos-as na realización das actividades propostas.

Temos que dicir que a decisión de mandar o material impreso ao alumnado tivo moi boa acollida polas familias e así nolo fixeron chegar e tamén non dubidan en chamar  para aclarar dúbidas. O contacto é case diario con todas as familias.

 

As familias, a cotio, fan chegar ao centro dita solicitude (vídeos, fotos, dúbidas,…)

AVALIACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO.

As especiais características e necesidades deste alumnado, fan pensar nunha avaliación e promoción a un tempo mais longo, e esta, non debe basearse nos referentes normativos, posto que o seu obxectivo non debe ser  a certificación de notas nos aprendizaxes, senón mais ben, en constatar, si se conseguen ou non as competencias clave e os obxectivos, para, no caso contrario, reconducir os procesos de ensinanza e aprendizaxe si a situación así o require.

 

Neste terceiro trimestre avaliaranse en función das competencias clave e obxectivos alcanzados no primeiro e segundo trimestre e valorando tamén os traballos, sempre para favorecer ao alumnado, que están a realizar na casa e nos fan chegar ao centro a través das comunicacións coas familias.

 



page | by Dr. Radut