|
|
|
|
|
Enviado por cee.maria.marinho el Mar, 2024-03-12 15:48.
|
Dentro do Plan Proxecta+ e do convenio con Emalcsa, hoxe visitaron o noso centro adestradores do Clube de Tenis Marineda; co fin de ensinarnos habilidades propias deste deporte dun xeito lúdico que nos fixo disfrutar a esgalla da xornada.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por cee.maria.marinho el Dom, 2024-03-10 22:48.
|
- Celebramos o día da muller cunha actividade relacionado co Proxecto Documental Integradode promovido desde a Biblioteca para este curso 2023-2024. O titulamos A torre violeta: mulleres que son luz. Os alumnos e alumnas de primaria e secundaria decorarron as ventanas da nosa torre de Hércules cos seus traballso de investigación sobre mulleres coruñesas que pasaron á historia pola súa velentía e dedicación, que nos sirven de exemplo para seguir peleando por ser un pouquiño mellores cada día... Os programos formativos de formación profesional fixemos a nosa parte do traballo sobre heroínas da vida cotidiana, mulleres relacionadas cas nosas especialidades, empresarias que sacan adelante os seus negocios, as súas explotacións agrícolas, mulleres decoradoras, cociñeiras... Pode que non figuren nos libros de historia, pero a súa labor silenciosa é básica para "facer sociedade". Non hai traballo pequeno. Mulleres que nos ilumnan co seu exemplo...
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por cee.maria.marinho el Mar, 2024-03-05 23:30.
|
- Continuamos a traballar desde a biblioteca sobre o 8M, co noso proxecto titulado A torre violeta...
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por cee.maria.marinho el Mar, 2024-03-05 23:23.
|
- Recentemente celebrouse na biblioteca do CEE María Mariño unha xuntanza de directores de centros de formación. O programa formativo de formación profesional de Cociña preparou uns deliciosos petiscos, que posteriormente serviron os alumnos de Lavandería, tras preparar e decorar a mesa.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por cee.maria.marinho el Mié, 2024-02-28 17:59.
|
Este mércores, devolvímoslle a visita ao Clube de Esgrima 100Tolos, da Coruña; acudindo á súa sala para gozar unha xornada máis da práctica deste deporte da man do mestre campión mundial Manel Villadóniga.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por cee.maria.marinho el Lun, 2024-02-26 15:07.
|
Dende a Biblioteca do centro tamén afondamos na importancia da reciclaxe. Da man de Ecoembes, sabemos con exactitude onde depositar cada residuo. Reciclando, evítase que os productos e materiais se convirtan en residuos, transformándoos noutros completamente novos, prolongando a súa vida útil e axudando á preservación dos recursos naturais do planeta.
Cando separamos os diferentes tipos de materiais para depositalos posteriormente nos lixos correspondentes, estamos logrando moito. Reciclar permite aforrar materias primas, enerxía, auga e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. A maiores, xera novos postos de traballo y texido industrial.
Sen dúbida, os beneficios de reciclar os nosos residuos son enormes en comparación coa acción tan sinxela e cotiá que supón.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por cee.maria.marinho el Lun, 2024-02-26 13:31.
|
Enmarcada no CP Innova do centro, esta xornada visitou as nosas instalacións unha representante de Ecoembes para falarnos dos beneficios da reciclaxe na preservación dos recursos naturais do planeta; coñecendo o que debemos depositar nos distintos recipientes de lixo, aprendendo a separar correctamente.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por cee.maria.marinho el Dom, 2024-02-25 14:52.
|
- Seguimos traballando por crear na biblioteca un lugar cálido, de acollida, no que estar a gusto para aprender... Agora, nas bancadas, rodeanos o mar, para mellor "mergullarnos" na cultura, na igualdade, no compañerismo, na inclusión, nos pequenos esforzos do día a día por ser cada vez mellores...
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por cee.maria.marinho el Vie, 2024-02-23 14:27.
|
No día de hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar dun concierto didáctico a cargo do Grupo de Música Tradicional da Xunta de Galicia. Amosáronnos a composición e sonoridade de instrumentos coma o asubío, a gaita, a ocarina, o bombo, o tamboril, a zanfona, o pandeiro, a pandeireta e a requinta; posibilitándonos ao mesmo tempo, vibrar ao compás de alboradas, rumbas, foliadas, polcas e muiñeiras.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por cee.maria.marinho el Vie, 2024-02-16 16:30.
|
Despedimos o Entroido co tradicional enterro da sardiña; depositando os nosos desexos na cacharela e festexando como se merece este día tan especial
|
|
|
|
|
|
|