Xardinería e Viveirismo |
10/06/2024
- Temos moita sorte de poder traballar xunto co IES Ramón Menéndez Pdial e co IES Rego de Trabe.. Pero damos por rematada a colaboración por este curso 2023-24. Despedimonos con talleres de enxerta e rega, traballando cos compañeiros e compañeiras dos inistitutos e incluso cunha boa merenda... Ata o curso qie ven!
|
|||
Este sábado 4 de maio, mestres e alumnado do centro participaron no Día da Ciencia na Rúa organizado polo Concello da Coruña en colaboración con diversas institucións científicas e educativas; co obxectivo de achegar a ciencia e a tecnoloxía á cidadanía, expoñendo técnicas de xardinería, viveirismo, e creando un hotel de insectos. Parabéns! |
|||
17/04/2024
- Zalatecno publica o titorial que preparamos para o IES Ramón Menéndez Pidal... |
|||
16/04/2024
- O IES Ramón Menéndez Pidal publica en Instagram a nosa última visita... |
|||
09/04/2024
- O pasado xoves impartimos un taller de enxerta ao alumnado do IES de Zalaeta. Patrón, púa, variedade tradicional galega, variedade comercial... novos conceptos que nos axudan a comprender o sector agrario, e de onde proceden algúns dos alimentos que atopamos na neveira...
- Desgraciadamente vemos na primeira forto que a palmeira do patio finalmente secou, a pesar dos productos fitosanitario aplicados. Vemos nas fotos seguintes ao responsable da sua morte: o picudo vermello (Rynchophorus ferrugineus) e as cámaras que fai para facer a metamorfose e convertirse en adulto.
|
|||
07/04/2024
- Seguimos traballando e aprendendo máis cousas sobre xardinería, viveirismo, ecoloxía, paisaxe... e a vivir un pouquiño máis en contacto ca natureza. |
|||
10/03/2024
- Esta vez preparamos co alumnado do IES un bancal con tomate, xudía, leitugas e acelgas. Preparamos o entitorado do tomate, podamos unhas froiteiras, acabamos de encher a xardiñeira de madeira de sustrato, colocamos malla anti-herbas cun acolchado de cortiza de piñeiro... Unha mañana moi ben aproveitada... |
|||
25/02/2024
- Na visita de este mes, traballamos co alumnado do IES nos hortos urbanos. Seguimos tamén a traballar no talud de acceso ao edificio, preparando o terreno para plantar especies ornamentales na primavera. No espazo dedicado a hortos urbanos, montamos unha xardineira de madera, que transportamos desde o seu emplazamento orixinal. Agora queda seguirlle aportando sustrato e replantala de novo... |
|||
13/02/2024
- Podedes ver a continuación algún detalle máis da actividade organizada por Zalalingua Merendas con Isabel Zandal, da que xa falamos o outro día |
|||
13/02/2024
-O obxectivo do noso traballo no CEE María Mariño é integrar aos nosos alumnos e alumnas na sociedade, para que leven unha vida plena, que desenvolvan a súa personalidade. Continuando co esforzo do noso profesorado de Primaria e Secundadaria, na Formación Profesional adaptada traballamos para que esa integración teña unha compoñente laboral, para que aprendan un oficio que lles poda porporcionar algún día unha independencia económica. Tempo libre e dinero... A verdadeira libertade dunha persona está na súa vida privada. Presentamos a continuación como exemplo, un resumo dos traballos realizados por unha das especialidades de Formación Profesional, o PFFPB de Xardinería e viveirismo:
|
|||