Xardinería e Viveirismo |
13/02/2024
-O obxectivo do noso traballo no CEE María Mariño é integrar aos nosos alumnos e alumnas na sociedade, para que leven unha vida plena, que desenvolvan a súa personalidade. Continuando co esforzo do noso profesorado de Primaria e Secundadaria, na Formación Profesional adaptada traballamos para que esa integración teña unha compoñente laboral, para que aprendan un oficio que lles poda porporcionar algún día unha independencia económica. Tempo libre e dinero... A verdadeira libertade dunha persona está na súa vida privada. Presentamos a continuación como exemplo, un resumo dos traballos realizados por unha das especialidades de Formación Profesional, o PFFPB de Xardinería e viveirismo:
|
|||
13/02/2024
- O pasado 2 de febreiro celebramos o día da Candeloria. Aproveitamos esta data para compartir, cos nosos compañeiros e compañeiras do IES Ramón Menéndez Pidal, o primeiro titorial de este curso: Paxaros no xardín. Engadimos tamén o Dicionario visual asociado aos titoriales que levamos feito estes catro anos de colaboración co citado instituto. Neste dicionario imos incorporando cada ano novos conceptos que van xurdindo sobre temas agrarios (agricultura, silvicultura e gandeiría), de paisaxe, medio rural, xardinería, viveirismo... Esperamos que os gusten e sexan do voso interese...
|
|||
06/02/2024
- Este curso participamos no proxecto REDICIR ( "Rede de dixitalización da economía circular: Aplicacións no sector primario"), liderado polo IES Monte Neme de Carballo. Esta iniciativa recibíu en 2023 un premio da Xunta polo seu valor en innovación tecnolóxica, científica e didáctica na Formación Profesional. Financiado polo citado proxecto, conseguimos este curso, entre outras cousas, dúas cámaras de foto-trampeo, que instalaremomos nas zonas de casetas-niño e comedeiros para paxaros do noso centro. Contamos tamén cunha cámara de propagación (con temperatura e ilumnación controladas) que empregaremos para multiplicar fieitos arborescentes, autóctonos e ornamentaís en xeral. Ademáis de utilizala nas prácticas do noso alumnado, a empregaremos en breve nun curso de formación de profesorado de educación especial, na especialidade de xardinería e viveirismo, que se está desenvolvendo. Cámara de foto-trampeo con panel solar de carga no horto de plantas aromáticas, medicináis e culinarias Cámara de propagación con control de tempeatura e iluminación.
|
|||
05/02/2024
- Seguimos a traballar en Zalaeta: esta vez ao exercicio físico propio da nosa especialidade (desherbado, plantación de photinias, arrincado e renovación de malla antiherbas, volteado de terra...), sumámoslle un partido de fútbol cos alumnos da clase de Educación Física de terceiro da ESO. Esperamos xogar en breve a revancha...
|
|||
05/02/2024
- O pasado 30 de marzo, aproveitando o día da Paz, fixemos unha visita formativa ao IES Urbano Lugrís. En colaboración co alumnado deste centro, realizamos unha plantación de froiteiras de variedades tradcionáis galegas. Antes explicamos nunha clase práctica, como se debe plantar unha árbore. Para rematar a xornada xogamos un partido de fútbol. Xardinería, deporte e incluisón... |
|||
28/01/2024
- Traballamos nun proxecto de colaboración co IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña desde fai máis de catro anos... Está resultando ser unha relación enormemente satisfactoria para ambas partes, como se pode apreciar nesta páxina web... Pois temos a sorte infinita de iniciar un novo proxecto de similiares características co IES Rego de Trabe de Culleredo. O pasado xoves 25 de xaneiro realizamos a primeira xornada de traballo, na que nos organizaron unha visita guiada polo instituto e tivemos a primeira toma de contacto co terreno do xardín no que imos traballar. Realizaremos traballos de xardinería nas súas instalacións e actividades conxuntas co alumnado do citado centro. A cousa promete... |
|||
28/01/2024
- Nas últimas saídas ao instituto de Zalaeta traballamos con terceiro da ESO. Esta vez fixeronnos unha entrevista para a radio sobre a nosa actividade nos hortos urbanos do patio de recreo...
- Tivemos tamén a sorte de que os alumnos de Zalaeta nos fixeran unha exposición sobre a figura de Isabel Zendal, aproveitando que o próximo 26 de febrero será o aniversario do seu nacemento |
|||
30/11/2023
- Pensabamos que nos perderíamos a visita que hoxe fixo ao CEE María Mariño o campeón do mundo de Tenis de mesa (Equipo paralímpico) don Alberto Seoane Alcaraz... Pero houbo sorte, foi madrugador e chogou antes de que marchásemos ao IES Zalaeta. Poidemos comprobar de primeira man, co seu exemplo, que con forza de vontade e moito traballo, o ser humano ten o límite no infinito, e máis alá... Como dicían os romanos, per aspera ad astra, polo duro, ás estrelas, a través do esforzo, o triunfo... Gracias pola túa compañía e o teu exemplo, Alberto.
- Tras compartir ese ratiño con Alberto Seoane, marchamos a Zalaeta, onde nos esperaban alumnos e alumnas de 3º PDC para facernos unha entrevista sobre o estado fitopatolóxico da palmeira do patio interior do instituto e sobre outras cuestións dos traballos que alí realizamos: colección de variedades tradicionais de maceira, labores de mantemento en xeral...
|
|||
27/11/2023
- Este ano participamos en dous Plans Proxecta+: Fitofaladoiro e MeteoEscolas. No caso de Meteoscolas xa comenzamos a tomar os datos a partires da estación meterorolóxica que nos proporcionou o proxecto REDICIR e a partir do pluviómetro e os termómetros de máximas e mínimas, dixital e analóxico, que nos proporcionou Meteogalicia... En clase de Ciencias Aplicadas, tamén empezamos a traballar con estes conceptos: tempo meteorolóxico, clima... Pluviómetro e termómetro de máximas e mínimas.
- E como non, xa estamos no mapa...
|
|||
|
|||