Iniciamos un novo convenio de colaboración co IES Rego de Trabe

28/01/2024

- Traballamos nun proxecto de colaboración co IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña desde fai máis de catro anos... Está resultando ser unha relación enormemente satisfactoria para ambas partes, como se pode apreciar nesta páxina web... Pois temos a sorte infinita de iniciar un novo proxecto de similiares características co IES Rego de Trabe de Culleredo. O pasado xoves 25 de xaneiro realizamos a primeira xornada de traballo,  na que nos organizaron unha visita guiada polo instituto e tivemos a primeira toma de contacto co terreno do xardín no que imos traballar. Realizaremos traballos de xardinería nas súas instalacións e actividades conxuntas co alumnado do citado centro. A cousa promete...