Localización e contacto

CEE María Mariño

Enderezo: Xubias de Arriba, 16, 15006, A Coruña

Teléfono: 881961102

                881961106

E-mail: cee.maria.marinho@edu.xunta.gal

Ver o cole no mapa

Rematamos o proxecto VOZ NATURA "Paxaros no xardín" e preparamos para o próximo curso actividades de multiplicación de fieitos.

16/07/2024

- Presentamos a memoria das actividades realizadas no proxecto desenvolvido no curso 2023-24, que titulamos "Paxaros no xardín". E con moita ilusión xa empezamos a preparar o noso proxecto "Multiplicación de fieitos": compramos unha cámara de propagación, o noso profesor fixo un curso para aprender a manexala, e xa fixemos as nosas primeiras prácticas de multiplicación... Aprenderremos a participar no proceso de reprodución de estas especies, tanto autóctonas, como ornamentais, como arborescentes... Se nos enseñan, aprendemos. E se aprendemos, podemos facelo. Na foto vemos o xardín de fieitos arborescentes que fixemos no IES Ramón Menéndez Pidal, Zalaeta. Os que plantamos os compramos nun viveiro especializado. Agora queremos aprender nos a producilos...

Circular de fin de curso

Festa fin de curso

E tras o acto de graduación, tocou pechar o curso por todo o alto cunha festa amenizada polo grupo musical "Thrust and music"; bailando, xantando e disfrutando dos derradeiros momentos deste ano tan cheo de experiencias. Felices vacacións! 

 

Graduacións 23-24

Hoxe vivimos un día cheo de emocións no que o alumnado que remata a súa etapa no centro, recibiu unha sentida homenaxe nun acto de graduación enchido de sentimentos. Parabéns e moita sorte na vosa nova etapa! Sempre formaredes parte desta familia.

 

Excursión de fin de curso a Marcelle

Por fin chegou a tan agardada excursión de fin de curso! Así, no día de hoxe, o alumnado desprazouse ata o parque zoolóxico Marcelle Natureza (Outeiro de Rei); onde puidemos disfrutar de especies da fauna autóctona coma o lobo ibérico, o xabarín, oso pardo... así coma especies exóticas coma por exemplo linces boreais, suricatos, avestruces, domedarios, canguros, cebras ou capibaras entre outros. Posteriormente, disftutamos dun xantar ao aire libre e dun tempo de lecer e esparcimento nas instalacións do parque antes de voltar á casa. Qué ben o pasamos!

Últimas visitas aos centros cos que mantemos convenios de colaboración

10/06/2024

- Temos moita sorte de poder traballar xunto co IES Ramón Menéndez Pdial e co IES Rego de Trabe.. Pero  damos por rematada a colaboración por este curso 2023-24. Despedimonos con talleres de enxerta e rega, traballando cos compañeiros e compañeiras dos inistitutos e incluso cunha boa merenda... Ata o curso que ven!

 

ver arquivo

 

 

 

Carreira ENKI

Hoxe realizamos no centro a Carreira ENKI; unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, por medio do xogo, promove a inclusión e a visibilización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así coma o respeto e a educación en diversidade. Deste xeito, o alumnado completou unha carreira de obstáculos adaptados nun espazo de solidariedade e diversión. Qué ben o pasamos!

Concerto de Pedro Campos

Nesta xornada de xoves, o alumnado tivo a oportunidade de vivenciar un concerto musical no centro da man de Pedro Campos, empregando a percuterapia de estimulación cognitiva, xestión e autorregulación emocional. A súa música e percusión contectou co alumnado cantando, tocando e bailando; xerando momentos felices e emocionalmente agradables nesta actividade tan divertida e amena. Moitas grazas!

Romaría das Letras Galegas

No día de hoxe, vivenciamos en familia unha xornada moi especial no centro. Co gallo das Letras Galegas, festexamos unha romaría expoñendo o traballo realizado os días previos, compartindo ledicia cos nosos maiores e bailando ao son da agrupación de Gaiteiros de Oroso. Graciñas a todos e todas! 

Distribuir contenido