Gallego

Orde do 1 de marzo de 1991 pola que se dictan normas sobre racionalización do transporte escolar

A Orde do 1 de marzo de 1991 pola que se dictan normas sobre racionalización do transporte escolar publicouse no Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo de 1991.

Gallego

Tema: 

Sección: 

Xornadas de educación viaria no Concello de Vigo

O Hospital Nuestra Señora de Fátima de Vigo está a desenvolver as "II Jornadas de Educación Vial en los centros educativos de Vigo" co foco nas consecuencias da sinistralidade dos adolescentes. No seu desenvolvemento participan tamén a Policía Local de Vigo e a Delegación Provincial da Dirección Xeral de Tráfico.

Ao longo do curso 2012-13, desde novembro a abril, participarán nesta iniciativa 13 institutos do concello: IES Coruxo, IES do Castro, IES Ricardo Mella, IES Santa Irene, IES Os Rosais 2, IES San Tomé de Freixeiro, IES Politécnico de Vigo, IES de Beade, IES Álvaro Cunqueiro, IES A Guía, IES Castelao, CIFP Valentín Paz Andrade e o IES Alexandre Bóveda. O alumnado destinatario son rapaces e rapazas de 4º da ESO e bacharelato (16 a 18 anos).

O obxectivo destas xornadas é concienciar o alumnado da necesidade de revisar as súas prácticas viarias para contribuír á diminución da accidentalidade a través da prevención e poñer as bases de traballo da educación viaria nos centros participantes.  

Cada centro recibe un seminario de 2 horas e media no que unha responsable da DXT, un policía local de Vigo e un médico asistencial do Hospital de Fátima realizan unha exposición sobre os elevados índices de sinistralidade da provincia de Pontevedra, as causas dos accidentes de tráfico e mais sobre as repercusións destes na saúde das persoas afectadas. Simbolicamente, nas sesións de inicio e peche, participa tamén unha personalidade do ámbito da condución deportiva.

O Hospital de Fátima, pioneiro en formación para a prevención, atende desde a unidade de tratamento de lesionados 7000 persoas accidentadas cada ano, das cales arredor de 750 debe acudir diariamente a rehabilitación. As cifras de tratamento asistencial sitúan no 35 % a atención ás vítimas de accidentes de tráfico neste hospital, o que significa que máis dun terzo dos pacientes deste centro hospitalario acoden por causa dun accidente de tráfico.

Este é o segundo ano que se desenvolve esta iniciativa e xa recibiu o recoñecemento ao seu labor formativo a través do Premio Nacional do Diario Médico, outorgado recentemente en Barcelona.

Gallego
Hospital Nuestra Señora de Fátima (Vigo)

Tema: 

Sección: 

I Congreso de camiño escolar en Galicia

O Concello de Ourense organiza o I Congreso de camiño escolar en Galicia. Esta actividade terá lugar durante a xornada de mañá do vindeiro 12 de decembro no Salón Nobre do Liceo de Ourense.

O congreso está aberto a toda a comunidade implicada na seguridade viaria do nosos alumnado: centros docentes, ANPAS, técnicos municipais, concelleiros, policías lociais, asociacións veciñais, asociacións de comerciantes, asociacións de ciclistas...

 

Gallego
Camiño escolar

Tema: 

Sección: 

Os centros educativos do Concello de Pontevedra participan na campaña "Ao cole seguros"

O Concello de Pontevedra acaba de iniciar unha nova campaña de educación viaria para os centros de ensino do contorno, desta vez coa colaboración do Real Automóvil Club de España (RACE) e coa empresa de pneumáticos Goodyear Dunlop.

A campaña "Ao cole seguros" aposta pola consecución de tres obxectivos: fomentar comportamentos peonís seguros e responsables entre o alumnado, aumentar o uso dos sistemas de retención infantil e incrementar os niveis de seguridade no transporte escolar. Os centros traballarán estes obxectivos a partir dunha guía multimedia para o profesorado e mais un caderno de actividades para o alumnado. Ademais, repartiranse 2000 petos de alta visibilidade homologados para reducir o risco de atropelo do alumnado.

A campaña presentouse no CEIP A Xunqueira I e inicialmente desenvolverase en 19 centros públicos de primaria de todo o concello.

Gallego
Materiais da campaña "Ao cole seguros"

Tema: 

Sección: 

Concurso de Proxectos de Educación Viaria: 1ª Edición 2012/2013

A Dirección Xeral de Tráfico convoca este concurso co obxectivo de potenciar a Educación Viaria nos Proxectos Educativos dos Centros Escolares en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial, así como unha modalidade de Teatro para Persoas con Discapacidade, dentro do ámbito estatal, para o curso escolar 2012/2013.


Bases:
Poderán participar todos os Centros Educativos de España nos que se impartan ensinanzas non universitarias, conxunta ou separadamente, que presenten proxectos orixinais que foran levados á práctica real e convenientemente avaliados, así como os centros específicos dirixidos a persoas con discapacidade.


Modalidades de participación:

  • Modalidade A: elaboración de Proxectos de Educación Viaria.
  • Modalidade B: deseño e elaboración de materiais e recursos de Educación Viaria vinculados ás novas tecnoloxías da información e da comunicación.
  • Modalidade C: dirixida unicamente a usuarios con algún tipo de discapacidade, escolarizados en centros específicos, integrados en aulas normalizadas, centros ocupacionais ou asociacións diversas. Consistirá na presentación dun guión teatral (escrito e representado).

 

Prazos de presentación: antes do 20 de xuño de 2013.
 

Premios:

  • Modalidades A e B: tres premios de 2000 €; tres accésits de 1000 €; 5 compensacións de 500 €.
  • Modalidade C: Primeiro premio de 2000 €, segundo premio de 1500 € e terceiro premio de 1000 €. Seis accésits de 500 €. Todos os participantes recibirán un pequeno premio.

Para máis información descargar o arquivo anexo.

Gallego
Concurso de Proxectos de Educación Viaria

Safety Matters, páxina de Renault con recursos educativos sobre seguridade viaria

A sección británica da empresa Renault ten en rede unha páxina de recursos moi diversos (en inglés) para traballar a educación viaria. Ofrece cadansúa sección para profesorado, alumnado e familias co fin de que todos os colectivos atopen información adaptada aos seus intereses. Entre outros materiais ofrece normas de circulación, recursos para distintas materias, cuestionarios, xogos en liña, glosario de termos e ligazóns a outros recursos.

Gallego

Tema: 

Sección: 

VII Concurso de Iniciativas Universitarias "Por unha mobilidade segura" organizado pola DXT e STOP Accidentes

A Dirección Xeral de Tráfico e a ONG STOP Accidentes acaban de botar a andar o VII Concurso de Iniciativas Universitarias “Por unha mobilidade segura” co obxectivo de incentivar a creación de iniciativas, ideas ou proxectos de investigación no ámbito da seguridade viaria que poidan xerar intervencións que contribúan á concienciación dun dos colectivos con maior índice de sinistralidade: a xente nova.
Os destinatarios do concurso son o alumnado que curse estudos nas tres universidades galegas e mais na UNED. Poderán participar a título individual ou en grupo, cun proxecto en formato papel ou audiovisual que deberá ser presentado baixo o sistema de plicas.
O prazo para a presentación dos traballos remata o 23/11/2012. Logo da avaliación dos proxectos, o xurado emitirá un premio e mais un accésit, que se coñecerán a primeira quincena de decembro de 2012.
Aparte de STOP Accidentes e a Dirección Xeral de Tráfico, entre os colaboradores desta proposta figuran as tres universidades galegas, a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Audasa e o Colegio Oficial de Gestores Administrativos de Galicia.

Gallego
VII Concurso de Iniciativas Universitarias "Por unha mobilidade segura"

Sección: