Título node Learning object

Xornadas de educación viaria no Concello de Vigo
Xov, 29/11/2012 - 11:07
Hospital Nuestra Señora de Fátima (Vigo)

O Hospital Nuestra Señora de Fátima de Vigo está a desenvolver as "II Jornadas de Educación Vial en los centros educativos de Vigo" co foco nas consecuencias da sinistralidade dos adolescentes. No seu desenvolvemento participan tamén a Policía Local de Vigo e a Delegación Provincial da Dirección Xeral de Tráfico.

Ao longo do curso 2012-13, desde novembro a abril, participarán nesta iniciativa 13 institutos do concello: IES Coruxo, IES do Castro, IES Ricardo Mella, IES Santa Irene, IES Os Rosais 2, IES San Tomé de Freixeiro, IES Politécnico de Vigo, IES de Beade, IES Álvaro Cunqueiro, IES A Guía, IES Castelao, CIFP Valentín Paz Andrade e o IES Alexandre Bóveda. O alumnado destinatario son rapaces e rapazas de 4º da ESO e bacharelato (16 a 18 anos).

O obxectivo destas xornadas é concienciar o alumnado da necesidade de revisar as súas prácticas viarias para contribuír á diminución da accidentalidade a través da prevención e poñer as bases de traballo da educación viaria nos centros participantes.  

Cada centro recibe un seminario de 2 horas e media no que unha responsable da DXT, un policía local de Vigo e un médico asistencial do Hospital de Fátima realizan unha exposición sobre os elevados índices de sinistralidade da provincia de Pontevedra, as causas dos accidentes de tráfico e mais sobre as repercusións destes na saúde das persoas afectadas. Simbolicamente, nas sesións de inicio e peche, participa tamén unha personalidade do ámbito da condución deportiva.

O Hospital de Fátima, pioneiro en formación para a prevención, atende desde a unidade de tratamento de lesionados 7000 persoas accidentadas cada ano, das cales arredor de 750 debe acudir diariamente a rehabilitación. As cifras de tratamento asistencial sitúan no 35 % a atención ás vítimas de accidentes de tráfico neste hospital, o que significa que máis dun terzo dos pacientes deste centro hospitalario acoden por causa dun accidente de tráfico.

Este é o segundo ano que se desenvolve esta iniciativa e xa recibiu o recoñecemento ao seu labor formativo a través do Premio Nacional do Diario Médico, outorgado recentemente en Barcelona.

Menús Learning object node R