Preguntas frecuentes

CONTRATOS-PROGRAMA RECUPÉRA-T

 

1. Que centros poden participar?

Os seguintes centros docentes públicos dependentes desta consellería: CEIP, CEP, CPI e IES.

2. Cantos programas se poden incluír nunha mesma solicitude?

Entre 1 e 2: programa ARCO e/ou programa PROA+

3. Cal é o prazo para presentar a solicitudes e o plan de mellora da convocatoria 2021/22?

O prazo de presentación de solicitudes e do plan de mellora comezará o 15 de xuño e rematará o día 15 de xullo de 2021.

4. Como se solicita a participación?

Primeiro, introducindo os datos na aplicación informática habilitada para tal fin. Terá acceso á creación da solicitude a persoa responsable da dirección do centro ou persoa autorizada co usuario @edu.xunta.es. A ruta é a seguinte:

  • Programas de éxito educativo > Convocatoria 2021/22 > SELECCIONAR (na parte inferior esquerda)
  • No menú da esquerda premer en LISTAXE DE PROGRAMAS > seleccionar Contratos-programa Recupéra-T > premer SOLICITAR (na parte inferior esquerda) > CREAR
  • A continuación, seleccionar o/s programa/s que pretende desenvolver o centro. Premer novamente en GARDAR e, seguidamente, pulsar PRESENTAR E EDITAR O PROXECTO. Deste xeito, abrirase unha nova páxina onde deberá cubrir todos os campos obrigatorios do/s programa/s solicitado/s.

Non esqueza ir gardando os datos para evitar perdelos no caso de que caduque a sesión.

5. Que documentación ten que custodiar o centro?

A documentación que xera a aplicación en pdf, logo de introducir os datos solicitados, e que deberá selar, asinar e custodiar no centro:

Anexo I: solicitude

Anexo II: consello escolar

Anexo III: claustro

Non é preciso enviala por ningunha vía (correo electrónico, correo ordinario, Rexistro...).

6. Onde se publicará a información da Resolución desta convocatoria?

No portal educativo e no sitio web de CPRecupéra-T

7. Como se pode realizar unha reclamación?

1. Unha vez rematado o procedemento de selección e realizada a concreción dos contratos-programa, a comisión fará pública a resolución provisoria, que se difundirá no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal) e na páxina web  http://www.edu.xunta.gal/portal/plan-recupera.

2. A publicación da resolución provisional abrirá un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias, dirixidas á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación complementaria. Para a presentación das reclamacións ou renuncias poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, se é o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e/ou renuncias, a comisión seleccionadora elevará a proposta definitiva á persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional que resolverá a relación final dos centros seleccionados.

3. A resolución definitiva dos centros seleccionados publicarase no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal) e na páxina web http://www.edu.xunta.gal/portal/plan-recupera.

4. Contra esta resolución poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. O prazo máximo para resolver este procedemento será de tres meses. Se transcorrese o citado prazo sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

8. Quen elabora o plan de mellora que se vai desenvolver?

Como establece o apartado 5.2 da Resolución, o plan será elaborado polo equipo directivo en colaboración co profesorado implicado e co departamento de orientación. Este plan deberá prever a posibilidade de que as medidas nel establecidas se desenvolvan, de ser o caso, en calquera dos escenarios de formación posibles derivados da situación sanitaria ou doutra índole.

9. Que duración ten o CP Recupéra-T?

Contratos-programa Recupéra-T desenvolverase no curso escolar 2021/22, a través de:

- un plan de choque no primeiro trimestre do curso 2021/22 (profesorado ARCO)

- o programa PROA+ que abranguerá todo o curso escolar.

10. Contarán os centros educativos con recursos extraordinarios para o desenvolvemento do programa?

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro das súas dispoñibilidades orzamentarias, poderá dotar os centros dunha asignación orzamentaria, con cargo á partida de gastos de funcionamento, que deberán destinarse a recursos directamente vencellados ao/s programa/s.

De ser o caso, as actividades e medidas propostas que coincidan coas desenvolvidas por medio doutros plans ou programas promovidos por esta consellería non poderán ser obxecto de financiamento adicional.

11. Xustificación das axudas recibidas para o curso 2021/22.

As axudas económicas que se puideran recibir a través do Plan Recupera xustificaranse a través da aplicación XECOCENTROS e reflectiranse na memoria final do centro.

12. Memoria das actuacións desenvolvidas no curso 2020/21.

A avaliación do plan realizada polo centro docente reflectirase na memoria establecida no apartado 11.3 que, ademais de servir para render contas ante a comunidade educativa, porase á disposición da comisión de seguimento do acordo e incluirase, así mesmo, na memoria anual do centro. Esta memoria cubrirase directamente na aplicación informática no prazo establecido ao efecto, non sendo necesario enviala por ningún outro medio.

A persoa directora, ou persoa autorizada, será quen terá acceso á aplicación para cubrila a través da súa conta de correo electrónico @edu.xunta.es

A ruta é a seguinte: programas educativos > Programas de éxito educativo > convocatoria 2021/22 > premer Seleccionar >  Contratos-programa Recupéra-T > Memoria (no menú da esquerda) > símbolo da lupa.

Deberá ir cubrindo todos os campos que se lle solicitan, sen esquecer premer de cando en vez en Gravar e Continuar para evitar que caduque a sesión.

Para finalizar, débese premer en REMATAR E ENVIAR. A memoria figurará, entón, en estado Rematada.

Pode obter un informe da memoria accedendo no menú da esquerda ao apartado Informes > Informes xerais > Contratos-programa Inclúe > Memoria

14. Incorporación de profesorado participante en Contratos-programa Recupéra-T.

O profesorado que participe activamente nas distintas modalidades de CP Recupéra-T será rexistrado na aplicación pola persoa directora do centro, ou persoa autorizada, que é quen acredita dita participación.

15. Sobre a aplicación informática:

  • Onde está a aplicación? Nesta ligazón.
  • É necesario utilizala? Si. É imprescindible porque toda a xestión da convocatoria se desenvolve a través dela.
  • Quen pode introducir os datos na aplicación? A dirección do centro ou persoa autorizada.
  • Hai que presentar unha solicitude por cada actuación? Non. Cada centro presentará unha única solicitude, independentemente do número de programas que solicite.
  • Podo realizar modificacións sobre a solicitude? Si, sempre dentro do prazo de solicitude establecido na convocatoria. Con todo, cómpre ter a precaución de gardar os cambios e xerar e custodiar no centro a última solicitude xerada.
  • Os cadros de texto teñen unha extensión limitada? Si, todos. Cómpre ter a precaución de introducir o texto das caixas sen exceder a capacidade destas. Recomendamos que empreguen o bloc de notas ou o Wordpad (para que limpe o texto oculto, que ocupa caracteres innecesariamente) e logo copien ese texto en Word, que permite contar o número de caracteres. No caso de datos numéricos non se deben poñer decimais. Cando sexa preciso, redondearase o decimal ao enteiro máis próximo. Tampouco poñer o símbolo da porcentaxe.
  • Son definitivos os datos que introduzo no programa? Non. O programa poderase ir completando nos prazos que determine a Administración co fin de axustar a solicitude aos requirimentos da convocatoria.