Destinatarios

CP Recupéra-T para o curso 2021/22

Este programa vai dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica e 1º de bacharelato dos seguintes centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso escolar 2021/22:

1. Centros de educación infantil e primaria.

2. Centros de educación primaria.

3. Centros públicos integrados.

4. Institutos de educación secundaria.

Os centros educativos solicitantes do programa PROA+ deberán acreditar unha porcentaxe mínima dun 30% de alumnado vulnerable no conxunto das etapas de educación infantil (2º ciclo), primaria e/ou secundaria obrigatoria.

a) O reforzo no primeiro trimestre do curso 2021/22  co profesorado ARCO vai dirixido aos seguintes niveis educativos:

  • 4º e 5º de educación primaria.
  • 1º, 2º e 3º de educación secundaria obrigatoria.
  • 1º FP Básica.

b) O reforzo ao longo de todo o curso 2021/22 co profesorado PROA+ vai dirixido aos seguintes niveis educativos:

  • 6º de educación primaria.
  • 4º de educación secundaria obrigatoria.
  • 1º de bacharelato.
  • 2º FP Básica.

 

Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL)

Será de aplicación nos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos que se impartan ensinanzas de educación infantil e primaria e/ou de educación secundaria