Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019
Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
- O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. (Dende o 11 de marzo ao 1 de abril de 2019 incluído)
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para o cal será necesario posuír algún dos certificados electrónicos admitidos ou darse de alta no sistema Chave 365. Neste último caso poderá empregarse calquera das vías que se establecen no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365 onde se facilitará unha chave que permitirá realizar de forma electrónica diversos trámites naqueles procedementos que así o estableza a Xunta de Galicia.
O proceso de presentación de solicitudes é moi sinxelo. Ao entrar na aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/oposicions e logo de cuberta a solicitude de participación, a persoa interesada deberá premer na opción “enviar a sede electrónica” e nese momento accederá a esta plataforma na que deberá asinar a solicitude empregando algún dos certificados electrónicos admitidos ou, como se dixo, a Chave 365. O pagamento dos dereitos de exame (taxa) tamén se realizará de forma electrónica, a través do enlace que se indicará na propia aplicación https://www.edu.xunta.gal/oposicions logo de cubrir a solicitude e, unha vez efectuado o pagamento, figurará "estado: pagado" e poderá descargar o xustificante da dita operación desde a propia aplicación de oposicións.
Tamén sería conveniente que a consellería poida comprobar automaticamente todos aqueles datos aos que a persoa solicitante nos autorice expresamente na súa solicitude, e polo tanto non terá que achegar ningún documento acreditativo destes datos. Respecto daqueles datos non comprobables automaticamente segundo a convocatoria, ou para o caso de que a persoa solicitante non autorice expresamente a súa consulta pola administración deberá xuntar a documentación acreditativa dixitalizada do xeito que se lle indica na sede electrónica.
En todo caso, deberán achegar a certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención do título xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición, aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñería nos que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións. O motivo é que no Rexistro de Títulos do Ministerio de Educación e Formación Profesional non constan as mencións nin a as especialidades.
Así mesmo, aquelas persoas graduadas en educación primaria que obtiveran unha mención nunha Universidade distinta da que obtiveron o título, e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións deberán achegar certificación académica oficial expedida pola Universidade acreditativa da obtención da mención.
Por último, e para o caso de que a persoa interesada pertenza á lista de interinidades e substitucións dunha das especialidades que se ofertan nesta convocatoria, se quere manter o seu posto na lista en aplicación do apartado 1 do punto segundo do Texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias, ten a obriga de presentarse, non é obrigatorio facelo na súa especialidade nin polo mesmo corpo para manter o seu lugar na lista de interinidades e substitucións.
Se a persoa interesada pertence á lista do corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional, especialidade de Procesos Comerciais e quere incorporarse á lista do corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional, especialidade de Procesos de Xestión Administrativa, bastará con que se presente a calquera das especialidades convocadas.
Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG) Resolución pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído Listaxe provisional de persoas admitidas primaria Listaxe provisional persoas admitidas secundaria Listaxe provisional persoas excluídas primaria Listaxe provisional persoas excluídas secundaria Composición das vogalías que xulgarán o proceso selectivo (servizo primaria) Composición das vogalías que xulgarán o proceso selectivo (servizo secundaria) Composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega Composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelán Listaxe de persoas non exentas da proba de galego (primaria) Listaxe de persoas non exentas da proba de galego (secundaria) (Actualizada 06.06.2019) Listaxe de persoas non exenta da proba de castelán (secundaria) Resolución do 3 de xuño relativa ás listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas Listaxe definitiva de persoas admitidas primaria Listaxe definitiva de persoas admitidas secundaria Listaxe definitiva de persoas excluídas primaria Listaxe definitiva de persoas excluídas secundaria Resolución do 28 de maio de 2019: Composición dos tribunais (DOG) Composición dos tribunais de Profesores técnicos de formación profesional (591) Composición dos tribunais de Profesores de escolas oficiais de idiomas (592) Composición dos tribunais de Profesores de música e artes escénicas (594) Corrección de erros á Resolución do 28 de maio de 2019: Composición dos tribunais (DOG) Corrección de erros á Resolución do 3 de xuño de 2019 Listaxe definitiva de persoas admitidas primaria (10.06.2019) Listaxe definitiva de persoas admitidas secundaria (10.06.2019) Listaxe definitiva de persoas excluídas primaria (10.06.2019) Listaxe definitiva de persoas excluídas secundaria (10.06.2019) Datas, horas, lugares en que se fará a presentación das persoas opositoras e a primeira proba Corrección de erros pola que se corrixe a sede de actuación dos tribunais 21, 22 e 23 de Educación infantil en Ourense Corrección de erros pola que se corrixe o enderezo da sede de actuación dos tribunais 1, 2 e 3 de Tecnoloxía Corrección de erros á Orde do 21 de febreiro de 2019 relativa ás probas de Inglés e Informática (DOG) Corrección de erros pola que se corrixe o día de actuación para a parte B da Primeira proba do tribunal de Linguaxe Musical Resolución distribución persoas aspirantes por tribunal Distribución persoas aspirantes por tribunais (Primaria) Distribución persoas aspirantes por tribunais (Secundaria) Corrección de erros á Resolución do 14 de xuño de 2019: Distribución persoas aspirantes por tribunais (Primaria) Orde do 31 de xullo de 2019: Relación de opositores aprobados (DOG) Orde do 2 de agosto de 2019: Nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas corpo de mestres (DOG) Orde do 18 de setembro de 2019: Nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas (secundaria) (DOG) Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se modifica a Orde do 31 de xullo de 2019 (DOG) Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras (DOG)