C1301001 Comercio electrónico. Marketing dixital
Do 2 ao 6 de Setembro no CFR da Coruña.
Xov, 27/06/2013 - 10:46
Do 2 ao 6 de Setembro celebrarase no CFR da Coruña (R/Pepín Rivero, edificio da UNED), o curso "Comercio electrónico. Marketing dixital", de 9 a 14 horas.
Este curso está orientado a analizar as fases de implantación dunha plataforma de venda electrónica, coñecer Internet como canle rendible de venda, así como ao uso profesional das redes sociais.
Relator: José Alcañíz..
Enlace ao curso en FPROFE: pulsa aquí.