Axudas para o Programa de "Inmersión Lingüística" durante o outono de 2013 para alumnado de 6º de primaria e 2º da ESO
O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes convoca axudas para participar nun programa de inmersión en lingua inglesa para grupos de alumnado de 6º curso de Educación Primaria ou de 2º curso de ESO, matriculados en centros sostidos con fondos públicos das Comunidades Autónomas. Cada grupo irá acompañado dun profesor/a de inglés e doutro profesor/a do seu centro educativo.
A actividade levarase a cabo en datas comprendidas entre os meses de setembro e novembro de 2013 e realizaranse, en internado, en períodos semanais, de domingo pola tarde a sábado pola mañá, de acordo co seguinte calendario:
- Primeira quenda: do 29 de setembro ao 5 de outubro
- Segunda quenda: do 6 de setembro ao 12 de outubro
- Terceira quenda: do 13 ao 19 de outubro
- Carta quenda: do 20 de outubro ao 26 de outubro
- Quinta quenda: do 27 de outubro ao 2 de novembro
- Sexta quenda: do 3 ao 9 de novembro
- Sétima quenda: do 10 ao 16 de novembro
- Aitaba quenda: do 17 ao 23 de novembro
- Novena quenda: do 24 ao 30 de novembro
A solicitude deberá realizarse a través da dirección dos centros educativos segundo as bases da convocatoria. Os centros que desexen participar no programa deberán solicitalo, antes do 18 de xuño de 2013, a través da sede electrónica do Ministerio de Educación https://sede.educacion.gob.es, sección «Trámites y Servicios».
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 18 de xuño de 2013.