Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2017/2018
Mér, 02/05/2018 - 08:50
Publicación da Circular 2/2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2017/2018.
Reclamacións no centro. Prazos
- Convocatoria ordinaria: 23 e 24 de maio de 2018 (ata as 14.00 horas).
- Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2018 (ata as 14.00 horas).
Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos
- Convocatoria ordinaria: antes das 18.00 horas do día 28 de maio de 2018.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do día 7 de setembro de 2018.
Recepción do expediente na comisión de supervisión. Prazos
- Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 30 de maio de 2018.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 14.00 horas do día 10 de setembro de 2018.