Título node Learning object
Obxectivos da actividade:
- Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación na área de software libre para o seu uso en educación..
- Brindar a posibilidade de encontro entre todos os profesores e profesoras de Galicia interesados no ensino da área científica-matemática-tecnolóxica, e mesmo das demais áreas do ensino, desde o punto de vista do uso de software libre, para facilitar o intercambio de ideas e experiencias así como a presentación e difusión de recursos didácticos.
- Ofrecer un espazo para coñecer mellor e gozar do mundo do software libre con exposicións de diversas experiencias e mostras.
- Ver as posibilidades de uso do software libre nas empresas e na FP.
A actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir as novos vieiros de software libre, impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en software libre, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias da educación.
- Formación de grupos de traballo de interesados nestes temas en toda Galicia.
Datas e horario de realización: Desenvolverase en xullo de 2013, durante os días 1 e 2, en horario de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas.
Valoración en horas de formación: 16 horas (solicitada homologación á Consellería de Educación)
Lugar: CAFI. O Centro Autonómico de Formación e Innovación en Santiago de Compostela.
Número de Prazas: 125.
Destinatarios: Profesorado de Primaria, de Secundaria e de Universidade.(Só un 30% dos asistentes que estean en paro terán certificación visada)
Custo da matrícula: 25 €. Se a inscrición se realiza con posterioridade ao 15 de xuño: 35 euros.
Comunicacións e Pósters: Aos inscritos que desexen presentar comunicacións sobre software libre en Educación, admitiranse propostas ata o 1 de xuño.
Criterios de selección: Profesorado en exercicio e orde de chegada da inscrición.