Título node Learning object

XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia o 31 de maio e 1 de xuño de 2013 no IES A Guía de Vigo
Xov, 25/04/2013 - 15:08
XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

APETEGA (Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia) organiza no IES A Guía de Vigo as XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia (sen tecnoloxía non hai progreso) os días 31 de maio e 1 de xuño.
Organizadas e subvencionadas polo propio profesorado celebraranse, un ano máis, as xornadas de formación e intercambio de experiencias didácticas en Tecnoloxía.
As visitas didácticas á Escola de Artes e Oficios de Vigo ou Citexvi son simultáneas, polo que haberá que elexir unha delas. As prazas dispoñibles serán cubertas por orde de inscrición. A segunda visita é ao Centro de Interpretación do Parque Natural das Illas Atlánticas.

O profesorado interesado pódese inscribir accedendo ao formulario de inscrición.

Como en anos anteriores, a maior parte do programa estará adicado a obradoiros.

Para as propostas, dúbidas ou suxestións o contacto é: xornadas@apetega.org.

Este ano tamén pódese participar facendo unha comunicación breve ou traendo proxectos para o taller cacharreando.

Está solicitada a homologación das Xornadas á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por un total de 12 horas de formación.
O prazo de inscrición estará aberto dende o venres 17 de maio ás 20:00 h ata o domingo 26 de maio ás 20:00 h.