C1203002 II Encontros de atención a diversidade desde os departamentos de orientación e o equipo de orientación específico
Estas actividades, teñen como principal finalidade a creación dunha rede estable de formación e intercambio de experiencias, recursos e boas prácticas para a mellora da actuación da orientación educativa e profesional.
Contidos
1.Estratexias de prevención e intervención na atención á diversidade coordinadas entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico nas distintas especialidades.
2.O traballo en rede entre orientadores para consultar dúbidas e compartir materiais, recursos e boas prácticas.
3.Modelos, protocolos, materiais e recursos de atención á diversidade entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico.
Enlace á aula virtual para descarga dos materiais da edición 2013
http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?i...