Título node Learning object

Convocatoria para participar no Proxecto Relaciona 2013
Xov, 04/04/2013 - 14:20
Proxecto Relaciona

Relaciona é un proxecto para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero desde o ámbito escolar, dirixido ao profesorado, mediante a súa sensibilización e formación.

Quen o organiza?
En Galicia lévase a cabo mediante a financiación do Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a convocatoria e coordinación da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a colaboración da Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

TÍTULO DA ACTIVIDADE: 
Proxecto RELACIONA: “A práctica da Paz na escola”.

NIVEL, CICLO,  ÁREA: 
Educación infantil, primaria e secundaria.

MODALIDADE :
Grupo de traballo.

PERSOAS DESTINATARIAS:
Profesorado de educación infantil, primaria e secundaria.

Nº DE PRAZAS:
Grupos de traballo cun máximo de quince persoas e mínimo de 8 dunha mesma localidade ou zona educativa.

LUGAR:
Nos propios centros solicitantes ou nos CFR da provincia.

DATAS PREVISTAS:
Primeiro trimestre do curso escolar 2013/2014.

DURACIÓN
Duración total: 12 horas (distribuídas en varias xornadas).

OBXECTIVOS:

  • Promover o debate entre o profesorado sobre as situacións de violencia que se producen nos centros educativos
  • Reflexionar sobre a importancia da práctica docente nos cambios dos modelos e os valores que se asocian á masculinidade e a feminidade
  • Prestar atención ás relacións e a comunicación na educación como medio imprescindible para eliminar a violencia

METODOLOXÍA:

  • Partir da situación de cada centro educativo e das experiencias que as persoas participantes poñan en común
  • Aclarar conceptos e analizar conflitos concretos que xurdiran no centro
  • Propor solucións, dando especial relevancia ao valor das relacións e da comunicación nos procesos educativos

Nº DE ACTUACIÓNS FORMATIVAS OFERTADAS:

  • Unha actuación formativa por provincia

SOLICITUDE:
A solicitude enviarase por correo electrónico co asunto : "SOLICITUDE PROGRAMA RELACIONA 2013/2014 " ao seguinte enderezo:vx.igualdade@xunta.es
E nela deberán figurar os seguintes datos:

  • Denominación do centro
  • Persoa de contacto no centro
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo electrónico de contacto

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Ata o 15 de maio de 2013

SELECCIÓN DOS CENTROS:

  1. Orde de entrada das solicitudes no enderezo electrónico sinalado tendo en conta que se concederá unha actuación formativa por provincia
  2. No caso de recibirse máis dunha solicitude por provincia terán preferencia os centros da provincia que non participaran no proxecto Relaciona en anos anteriores