Título node Learning object
Concurso “Te Toca!”: Ideas para mellorar o ambiente escolar
Xov, 07/03/2013 - 14:58
A Fundación Antena 3 convoca a segunda edición do concurso nacional online “Te Toca!” co obxectivo de promover a escoita e participación dos rapaces, así como mobilización para solucionar unha problemática que lles afecta. Este ano, a Fundación Antena 3 centra as súas actividades no ámbito da educación, e invita aos rapaces a presentar ideas para solucionar unha problemática relacionada con ela: “Como mellorar o ambiente escolar?”
As ideas poden presentarse en calquera das seguintes categorías:
- Proposta de acción persoal: Que farías ti para mellorar o ambiente escolar?
- Petición para o mundo adulto: Que deberían facer os adultos para mellorar o ambiente escolar?
Participantes:
- Para rapaces de 12 a 17 anos de idade (incluíndo aqueles que cumpran 12 anos no 2013) con residencia en España.
A participación poderá ser:
- Individual
- En grupo, de máximo 3 membros, un dos cales actuará como PORTAVOZ
Presentación de candidaturas:
Do 4 de febreiro ao 14 de abril de 2013.
Premios:
- Propostas de acción persoal:
- Premios Samsung en especie: Galaxy Tablet 10.1 (Primeiro Premio), Galaxy Tab 7.0 (Segundo Premio), MP3 Galaxy Player (Terceiro Premio) ou produto similar.
- Premio de recoñecemento: Apoio para poñer en marcha a proposta de acción persoal: capital semente (ata un máximo de 500 €), sesión presencial de formación e asesoramento de expertos para a posta en marcha do proxecto, supervisión e seguimento do proxecto.
- Peticións para o mundo adulto:
- Premios Samsung en especie: Galaxy Tablet 10.1 (Primeiro Premio), Galaxy Tab 7.0 (Segundo Premio), MP3 Galaxy Player (Terceiro Premio) ou produto similar.
- Premio de recoñecemento: Presentación do vídeo nun acto formal ante unha Autoridade de prestixio.