Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no ano académico 2012/2013, nas universidades do SUG, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos
Xúntase a Orde do 21 de febreiro de 2013 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.
Requisitos:
- Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal,desemprego sustentador principal, enfermidade grave,violencia de xénero cara el/ela ou o seu proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non contempladas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).
- Que a situación sobrevida ou imprevista teña acontecido durante o actual ano académico 2012-2013.
- Estar matriculado, no curso académico 2012-2013, como mínimoen 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnicoen calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia.
- Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2013, é dicir 5.108,60 euros (425,72 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
- Non ter percibida esta axuda con anterioridade .
Prazo de presentación de solicitudes:
A presentación de solicitudes poderá realizarse dende o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 1 de setembro de 2013.
Con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes será de un mes desde a data en que teña acontecido a causa sobrevida ou imprevista, sempre que a solicitude se realice con anterioridade ao 1 de setembro de 2013.
Se a causa sobrevida ou imprevista ten acontecido con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación será de un mes contado a partir do día seguinte á publicación desta no Diario Oficial de Galicia.