Convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2013, co obxecto de coñecer a lingua dese país
Xúntase a Orde do 20 de febreiro de 2013 pola se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2013, co obxecto de coñecer a lingua dese país.
Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva 113 axudas.
Requisitos:
- Estar matriculado/a no curso 2012/2013, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
- Ter superado no momento de presentación da solicitude 60 créditos en titulacións de 1º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1º e 2º ciclo.
- Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.
- O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
- As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2013.
A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 euros.
Quedan excluídos desta convocatoria:
- Os alumnos que xa resultasen beneficiarios desta axuda en anteriores convocatorias.
- Os alumnos que durante o curso 2012/2013 sexan adxudicatarios dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus, sempre e cando a estadía que pretendan realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país no que se está a desenvolver o devandito programa.
O prazo de presentación de solicitudes: Desde o día 7 de marzo de 2013 ata o día 6 de abril de 2013.
Orde do 20 de febreiro de 2013: Axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún estado da Unión Europea (DOG) Listaxes provisionais de solicitantes admitidos e excluídos Listaxes definitivas de solicitantes admitidos, suplentes e denegadas Resolución do concurso de axudas a estudantes universitarios (DOG)