Título node Learning object

Tres estudantes do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela representarán a Galicia na Fase Nacional da Olimpíada de Bioloxía
Lun, 21/01/2013 - 09:31
VII fase autonómica galega da Olimpíada de Bioloxía

Paula Rodríguez Rivas; Alberto Ramos Fernández e Fernando Castro Prado foron os cualificados nos tres primeiros postos na VII fase autonómica galega da Olimpíada de Bioloxía.
Os tres estudantes do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, serán os encargados de representar a Galicia na fase nacional da Olimpíada de Bioloxía, que se celebrará en Madrid entre o 7 e o 10 de marzo de 2013. Os 4 primeiros clasificados nesta competición representarán a España na Olimpíada Internacional de Bioloxía (IBO), que se celebrará en Berna (Suíza) entre o 14 e o 21 de xullo de 2013; mentres que os 4 seguintes o farán na Olimpíada Iberoamericana. Ademais, todos os participantes da fase nacional poderán realizar unha estadía de investigación dunha semana nun centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

 

 

Menús Learning object node R