Título node Learning object

Congreso Nacional de Contidos Educativos Dixitais: 4, 5 e 6 de outubro de 2012 en Mérida
Mar, 02/10/2012 - 14:05
Congreso Nacional de Contidos Educativos Dixitais

Os días 4, 5 e 6 de outubro de 2012 ten lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Mérida o Congreso Contidos Educativos Dixitais. A liña principal que orienta o seu desenvolvemento é a presentación e análise de diferentes modelos de desenvolvemento, distribución e utilización destes tipos de contidos.
Ademais de intervencións institucionais, o programa contará coa participación de relatores de prestixio internacional, obradoiros temáticos, mesas redondas, comunicacións e experiencias educativas.
Está dirixido tanto ao profesorado dos diferentes niveis e etapas educativas como aos responsables e administradores do campo docente procedentes de todo o Estado.
Este congreso trata de brindar un marco de encontro no que os docentes de todas as autonomías, as administracións educativas competentes na materia e a industria do sector teñan ocasión de presentar os seus modelos, experiencias e resultados no campo dos contidos educativos en formato dixital.