Convocadas axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2012/13 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia
Esta orde establece as bases pola que se rexerá a concesión de bolsas ou axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, aos alumnos que cursen ensinanzas universitarias adaptadas ao EEES, conducentes aos títulos oficiais de Grao ou ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico ou Arquitecto Técnico, e se procede á súa convocatoria.
Poderán solicitar esta axuda os alumnos matriculados nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, no curso 2012-2013, nas seguintes ensinanzas:
a) Ensinanzas universitarias adaptadas ao EEES, conducentes aos títulos oficiais de Grao.
b) Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico ou Arquitecto Técnico.
1. Para o alumnado de primeiro curso que inicia estudos universitarios conducentes á titulación universitaria de grao nunha universidade pertencente ao Sistema Universitario de Galicia:
- Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAU), ou noutras ensinanzas que lles permitan o acceso, con exclusión da fase específica, superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos.
- Estar matriculado nunha universidade do SUG, no curso académico 2012-2013, dun mínimo de 60 créditos.
- Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente ós estudos para os que solicita axuda.
2. Para o alumno de segundo e posteriores cursos matriculado en estudos universitarios conducentes á titulación universitaria de grao ou equivalente nunha universidade pertencente ao Sistema Universitario de Galicia:
- Ter sido bolseiro do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso anterior 2011-2012.
- Estar matriculado, no curso académico 2012-2013, dun mínimo de 60 créditos.
- Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente ós estudos para os que solicita axuda.
- Ter superado o 60% dos créditos matriculados no curso anterior tratándose de estudos pertencentes á Rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (Enxeñaría ou Arquitectura) ou o 80% si se trata de ensinanzas da Rama de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas.
- Non ter superado no curso anterior a seguinte porcentaxe de créditos: 65% na rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (Enxeñaría ou Arquitectura) ou o 90% nas ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.
Artigo 5.- Requisitos de carácter económico
Para ter dereito a bolsa, os umbrais de renda familiar máximos serán os seguintes:
Familias de 1 membro: 11.937,00 euros
Familias de 2 membros: 19.444,00 euros
Familias de 3 membros: 25.534,00 euros
Familias de 4 membros: 30.287,00 euros
Familias de 5 membros: 34.370,00 euros
Familias de 6 membros:38.313,00 euros
Familias de 7 membros: 42.041,00 euros
Familias de 8 membros: 45.744,00 euros
A partir do oitavo membro engadiranse 3.672,00 euros por cada novo membro computable da familia.
Período de solicitude:
Prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 29 de outubro de 2012.
As listas provisionais de admitidos e excluídos por documentación serán expostas o 20 de decembro do 2012. Os interesados disporán dun prazo de reclamación que é do 21 de decembro ao 3 de setembro de 2012.
Orde do 19 de setembro de 2012:Axudas para a realización de estudos universitarios no curso 12/13 nas universidades do SUG (DOG) Orde do 21 de novembro de 2012: Modificación da Orde do 19 de setembro de axudas para a realización de estudos universitarios Relación provisional das solicitudes admitidas e excluídas Relación definitiva das solicitudes admitidas e excluídas (DOG)