Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Medio Rural e Consellería do Mar
Ámbito: saúde/alimentación
Definición: mellora dos hábitos alimenticios do alumnado.
Ofrece 4 modalidades (non excluíntes):
- a) Froita na escola
- b) Lácteos na escola
- c) Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar)
- d) O sabor da aventura está no mar
Temporización: curso completo.
Alumnado ao que vai dirixido:
- a) Froita na escola: 2º ciclo de infantil, primaria e ESO
- b) Lácteos na escola: infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP de grao medio
- c) Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar): infantil, primaria e ESO
- d) O sabor da aventura está no mar: infantil, primaria e ESO
Límite de centros participantes: 150
Criterios de selección:
- Como criterios xerais:
- valorarase o número de modalidades solicitadas (cada solicitude recibirá tantos puntos como modalidades solicitadas).
- de ser preciso, aplicarase como criterio a orde de envío definitivo da solicitude a través da plataforma.
- Para a modalidade (a) Froita na escola, admitiranse só os centros aos que lle fose concedida a axuda a través da convocatoria específica deste programa:
RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015 pola que se regula o procedemento paraa concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado decentros escolares e se convocan para o curso escolar 2015/16 (DOG do 10 de xuño). [descargar PDF]. Pódese consultar a información relativa a esta convocatoria na seguinte ligazón.
- Para a modalidade (b) Lácteos na escola, admitiranse só os centros aos que lle fose concedida a axuda a través da convocatoria específica deste programa:
RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2015 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de leite e determinados produtos lácteos ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2015.(DOG do 12 de marzo). [descargar PDF]. Pódese consultar a información relativa a esta convocatoria na seguinte ligazón.
Responsable do programa:
Nome: Ramón Damián Fernández Conchas
Departamento: Xefatura de Servizo de Mercados
Teléfono: 981 546 261
Correo electrónico: ramon.fernandez.conchas@xunta.es
Para obter información sobre a resolución das axudas das modalidades A e B cómpre realizar as consultas no FOGGA (Mª Luz Acción Porto: 981 540 079).
Xustificación
O programa pretende achegar aos nenos e nenas ao medio natural, facendo reflexionar e explorar os seus elementos, os alimentos necesarios para a supervivencia e os beneficios que nos achegan.
Obxectivo xeral
O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós.
Palabras clave
Alimentación saudable. Hábitos de vida saudable. Recursos mariños.
Modalidades de participación
- a) Froita na escola. Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de froita entre o alumnado de 3 a 16 anos de centros escolares. Nesta modalidade ofrécese froita fresca fresca gratuíta a través da convocatoria do FOGGA.
- b) Lácteos na escola. Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de produtos lácteos. Nesta modalidade ofrécese leite e produtos lácteos a prezo reducido a través da convocatoria do FOGGA.
- c) Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar). Esta modalidade pretende dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables.
- d) O sabor da aventura está no mar. Esta campaña ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e os nenos galegos, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias.
Metodoloxía recomendada
Traballo cos materiais didácticos ofrecidos polo programa.
Temporización
As modalidades A e B esixen ter solicitada e concedida a correspondente axuda do FOGGA, polo que o centro solicitante debe atender a data de publicación das convocatorias das axudas.
Actividades e recursos
a) Froita na escola:
- Páxina oficial do programa.
- Páxina do FOGGA coa información sobre as axudas para a subministración de leite e produtos lácteos aos alumnos de centros escolares: http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/fogga/politica_agraria_comun/pac_2015_2020/intervencion_de_mercados/?escolar&froi
- Páxina do Ministerio: Alimentación.es. Saber más para comer mejor: http://www.alimentacion.es/es/
- Material didáctico do programa Perseo: http://www.perseo.aesan.msssi.gob.es/es/alumnado/secciones/material_didactico.shtml:
- Alimentación saludable. Cuaderno del Alumnado.
- Alimentación saludable. Guía para el profesorado.
- Alimentación saludable. Guía para familias.
- Alimentación saludable. Actividades
- Actividad física saludable. Actividades
- Actividad física saludable. Cuaderno del alumnado.
- Actividade física y salud. Guía para familias.
- Por preguntar que no quede. Comer y crecer
- Guía de comedores escolares.
- Consellería de Sanidade. Campaña "Xente con vida": http://xenteconvida.sergas.es/Paginas/Portada.aspx
b) Lácteos na escola:
- Páxina oficial do programa.
- Páxina do FOGGA coa información sobre as axudas para a subministración de leite e produtos lácteos aos alumnos de centros escolares: http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/fogga/politica_agraria_comun/pac_2015_2020/intervencion_de_mercados/?escolar&leite
- Programa europeo de leite nas escolas: http://ec.europa.eu/agriculture/drinkitup/index_es.htm
- Campaña do Ministerio #megustalaleche: http://www.magrama.gob.es/es/megustalaleche/campana-promocional-megustalaleche/default.aspx
- Páxina do Ministerio: Alimentación.es. Saber más para comer mejor: http://www.alimentacion.es/es/
- Material didáctico do programa Perseo: http://www.perseo.aesan.msssi.gob.es/es/alumnado/secciones/material_didactico.shtml:
- Alimentación saludable. Cuaderno del Alumnado.
- Alimentación saludable. Guía para el profesorado.
- Alimentación saludable. Guía para familias.
- Alimentación saludable. Actividades
- Actividad física saludable. Actividades
- Actividad física saludable. Cuaderno del alumnado.
- Actividade física y salud. Guía para familias.
- Por preguntar que no quede. Comer y crecer
- Guía de comedores escolares.
- Consellería de Sanidade. Campaña "Xente con vida": http://xenteconvida.sergas.es/Paginas/Portada.aspx
c) Ponlle as Pilas ao teu bocata:
- Asistencia en centros para dar a coñecer os materiais da campaña.
- Web de referencia: Páxina oficial do programa.
- Material didáctico da campaña. Material didáctico colgado no Espazo Abalar:
d) O sabor da aventura está no mar:
- Asistencia en centros para dar a coñecer os materiais da campaña.
- Web de referencia: Páxina oficial do programa.
- Material didáctico.
Nas modalidades “Ponlle as Pilas ao teu bocata” e “O sabor da aventura está no mar” hai material específico para o profesorado e máis para o alumnado, tanto en formato dixital como en formato papel.
Produto final
Nas modalidades A e B cómpre facer fincapé no desenvolvemento dun verdadeiro programa educativo de fomento do consumo de froita e lácteos, respectivamente. O desenvolvemento do programa educativo non pode limitarse á distribución do produto.