Orde do 11 de marzo de 2010 pola que se convoca concurso-oposición para o acceso ao corpo de mestres
Orde do 11 de marzo de 2010 pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitudes: A solicitude deberá efectuarse por internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no servizo relacionado máis abaixo, e deberá imprimirse a instancia que se presentará nalgún dos lugares previstos no número 3.5 desta convocatoria
Prazo de solicitudes: vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia
Máis información: para calquera dúbida relacionada coa participación nesta convocatoria deberán poñerse en contacto coa UAC no teléfono 902 905 445 ou a través do correo electrónico uac@edu.xunta.es