Concurso-oposición para o acceso ao corpo de mestres para o ano 2010

Mér, 12/05/2010 - 13:24

Orde do 11 de marzo de 2010 pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal  funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Solicitudes: A solicitude deberá efectuarse por internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no servizo relacionado máis abaixo, e deberá imprimirse a instancia que se presentará nalgún dos lugares previstos no número 3.5 desta convocatoria

Prazo de solicitudes: vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia 

 Máis información: para calquera dúbida relacionada coa participación nesta convocatoria deberán poñerse en contacto coa UAC no teléfono 902 905 445 ou a través do correo electrónico uac@edu.xunta.es