Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
A formación dirixida aos coordinadores e coordinadoras Abalar que xa exerceran esta función en cursos anteriores será de carácter voluntario. Terán preferencia na selección en todos os cursos do plan de formación Abalar.
Os cursos recomendados para coordinadores/as son:
No caso de que o centro solicite un PFAC Abalar deberán coordinalo. A solicitude deste PFAC é obrigatoria nos centros que se incorporan á rede Abalar no curso 2012-2013.
Coordinadores e coordinadoras novos en centros da rede Abalar durante o curso 2012/2013
Neste colectivo inclúese todo o profesorado que realice por primeira vez, durante o curso 2012/2013, a función de coordinación Abalar.
Ademáis da oferta voluntaria na que poden participar, deberán realizar a seguinte acción formativa, que será de 15 horas para os coordinadores e coordinadoras que pertenzan a centros públicos, e de 10 horas para os que pertenzan a centros concertados: