Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
As accións formativas dirixidas aos centros da Rede Abalar son as seguintes:
Centros que xa pertencen á Rede Abalar en cursos anteriores
Estes centros poderán acollerse ás actividades formativas que se ofertan con carácter voluntario, e que están dirixidas a continuar coa formación iniciada nos centros durante os cursos pasados. Realízase unha oferta específica de Proxectos de Formación en Centros e Grupos de Traballo Abalar.
As actividades específicas de formación en centros que se ofertan lístanse a continuación
Xunto con esta oferta de formación en centros, o profesorado e as persoas que realicen as funcións de coordinación Abalar terán preferencia na admisión nos cursos que se oferten especificamente para o proxecto Abalar no CAFI e os CFR. Case todos estes cursos teñen no título as palabras “Edición Abalar”.
Centros que se incorporan á Rede Abalar no curso 2012/2013
Os centros que se incorporan á Rede Abalar no presente curso, deberán realizar un Proxecto de Formación e Asesoramento en Centros que deberá ser coordinado polo coordinador ou coordinadora Abalar, cunha duración entre 30 e 50 horas, e no que deberá pariticipar todo o profesorado que imparta docencia a alumnado de aulas Abalar, ademáis do resto do profesorado do centro que o desexe.
Xunto con esta formación de carácter obrigatorio, tanto o profesorado dos centros coma os coordinadores e coordinadoras Abalar, poderán participar en calquera das actividades formativas dirixidas a estes colectivos, agás noutro PFAC.