Anuncio polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, nas especialidades de chinés e xaponés
Ven, 10/08/2012 - 09:05
Xúntase o Anuncio do 24 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, nas especialidades de chinés (592004) e xaponés (592013).
- O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou nos seus departamentos territoriais, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Anuncio do 24 de xullo de 2012: Solicitude de prazas de chinés e xaponés (DOG)
Anexo I: Baremo que se aplica
Anexo II: Instancia de solicitude.
Anexo III: Folla de alegación de méritos e autobaremación.
Anuncio do 10 de setembro de 2012: Puntuacións provisionais e relación de excluídos (DOG)
Anuncio do 10 de outubro de 2012: Puntuacións definitivas e relación de excluídos (DOG)