Orde do 1 de xuño de 2012 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir prazas de persoal asesor nesta Consellería

Lun, 18/06/2012 - 08:25

Xúntase a Orde do 1 de xuño de 2012 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería.

  • O prazo de presentación de instancias, que serán dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.