Título node Learning object
Formación Aberta: catro novos cursos de Platega na Aula Virtual do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
Lun, 03/06/2013 - 09:23
"Formación Aberta" é unha nova sección da Aula Virtual do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) con acceso aos materiais de Platega dos cursos de formación máis demandados ao longo do ano académico e os mellor valorados nas enquisas finais de actividade.
É importante sinalar que, como o fin é dar a coñecer os materiais cun ánimo autoformativo, non se poderá solicitar titorización ou certificación a través destes recursos en aberto. De precisalo, deberanse seguir os pasos habituais de inscrición na actividade (en caso de estarse impartindo ao longo do ano) a través da aplicación FPROFE.
Novos cursos:
- Lectura e comprensión. Formación de lectores competentes
- Obradoiro básico de lectoescritura dixital
- A folla de cálculo. Aplicacións a xestión de centros educativos
- A suite OpenOffice en galego, usos docente e didáctico
Pódese acceder tamén aos seguintes cursos:
- Formación a distancia de coordinadores e coordinadoras das tecnoloxías da información e da comunicación en centros educativos
- Traballando co software dos portátiles Abalar
- Ferramentas e aplicacións da web 2.0 na aula de CCSS (iniciación). Edición Abalar
- As redes sociais na educación. Edición 2012
- Lim e o Proxecto "XOGAMOS?", Emprego didáctico. Edición 2012
- Creación de actividades didácticas en liña con ARDORA. Edición Abalar
- Elaboración de materiais didácticos con eXe-learnig. Edición Abalar
- Traballando coa publicidade na aula. Edición 2013