Convocatoria de plans de formación permanente do profesorado para implantar en centros públicos no curso 2012/2013
Xúntase a Resolución do 22 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2012-2013.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable da formación do profesorado, convoca plans de formación permanente para implantar en centros públicos no curso 2012-2013.
Que son?
Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.
Características
-
Terán como obxecto desenvolver unha ou máis liñas de traballo.
-
As liñas estarán integradas por un ou máis itinerarios formativos.
-
Teñen unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
-
Deben estar aprobados polo Claustro e polo Consello Escolar e incluiranse na programación xeral anual do centro.
-
Debe participar máis do 50% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.
Destinatarios
Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.
Liñas de traballo
-
Estratexias profesionais para a mellora da competencia en lectura e escritura (impresa e dixital), como ferramenta imprescindible para a aprendizaxe no alumnado, e potenciación do uso instrumental das linguas co seu tratamento integrado.
-
Mellora da competencia lingüística do profesorado en linguas estranxeiras.
-
Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais.
-
Atención á diversidade e ao éxito escolar, promovendo a innovación, reflexión e avaliación da práctica educativa que propicie melloras metodolóxicas para o desenvolvemento das competencias básicas, do traballo cooperativo do profesorado así como dos cambios organizativos.
-
Mellora da convivencia escolar e do clima de aula, fomentando valores básicos para o desenvolvemento persoal e as relacións sociais.
-
Formación en competencias científicas e didácticas nas diferentes áreas do currículo.
Prazo de presentación e documentación a entregar
O prazo de presentación é dun mes a partir do día 29 de maio.
Coa solicitude debe adxuntarse a seguinte documentación:
-
Documento de detección de necesidades formativas.
-
Plan de formación permanente do profesorado en centros, no que figurará:
-
Membros do equipo de formación do centro.
-
Xustificación e diagnóstico de necesidades formativas detectadas e liñas de formación propostas para cada ano.
-
Obxectivos xerais que se pretenden acadar co plan.
-
Itinerarios formativos do plan especificando para cada ano:
-
Obxectivos.
-
Contidos.
-
Actividades: modalidades e temporalización.
-
Metodoloxía de traballo.
-
Orzamento estimado e desagregado por curso escolar dos gastos directamente relacionados co desenvolvemento das actividades formativas (material, docencia e desprazamentos de relatores).
-
Relación de profesores participantes.
-
-
Medidas organizativas internas do centro previstas para o desenvolvemento do plan acordes coa normativa vixente que regula a homologación e rexistro de actividades de formación.
-
Criterios e indicadores para o seguimento e avaliación do plan e da súa aplicación na aula.
-
-
Certificación da aprobación do plan polo Claustro e o Consello escolar.
- Para a presentación da solicitude poderán contar co apoio do CAFI ou o CFR do seu ámbito ou zona
Resolución do 22 de maio de 2012: Selección de plans de formación permanente do profesorado (DOG) Corrección de erros (DOG) Anexo I: Solicitude de plans de formación Anexo II: Plans de formación permanente do profesorado Anexo III: Certificación de aprobación en Claustro Anexo IV: Certificación de aprobación en Consello Escolar Anexo V: Guía para a elaboración da memoria da actividade do curso 2012/2013 Resolución provisional de Proxectos de formación interna en centros 2012/2013 Resolución do 15 de outubro de 2012: Selección definitiva de plans de formación permanente do profesorado (DOG) Corrección de erros da Resolución do 15 de outubro de 2012, (DOG) Continuidade dos centros no curso 2013-2014