Realización da avaliación de diagnóstico 2011/2012 os días 9 e 10 de maio en 2º curso de educación secundaria obrigatoria e os días 23 e 24 de maio en 4º curso de educación primaria
Mér, 02/05/2012 - 17:50
Envío de instrucións aos centros educativos: 30 de abril de 2012
Data de apertura da aplicación informática avaldia: 3 de maio de 2012
Materiais para a realización da proba: os materiais para a aplicación da proba (cadernos e cuestionario) faranse chegar aos centros educativos con anterioridade ao día de aplicación da proba.
Realización da proba:
Educación secundaria obrigatoria
Día 9 de maio:
- Competencia matemática
- Descanso
- Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 10 de maio:
- Competencia en comunicación lingüística
- Descanso
- Cuestionario de contexto
Educación primaria
Día 23 de maio:
- Competencia matemática
- Descanso
- Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 24 de maio:
- Competencia en comunicación lingüística
- Descanso
- Cuestionario de contexto
Calquera incidencia relativa á aplicación informática debe ser posta en coñecemento da Unidade de Atención a Centros (UAC) a través de
- Correo electrónico: uac@edu.xunta.es
- Teléfono: 902.905.445
- Fax: 881.997.788