Estadías formativas en empresas ou organismos equiparados 2025. Resolución definitiva

Mér, 16/04/2025 - 13:50

Publicada a resolución definitiva da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2025 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e ás ensinanzas de réxime especial deportivas, de artes plásticas e deseño, de conservación e restauración de bens culturais e de música e artes escénicas.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122  da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.