Un total de 60 equipos de 37 centros pasan á segunda fase de Innovatech FP para presentar solucións tecnolóxicas e innovadoras a 20 retos empresariais

De entre os 243 equipos participantes, foron seleccionados os tres que mostraron as mellores propostas de solución a cada reto

Este programa, que vai pola súa segunda edición, é unha oportunidade para conectar o alumnado coas necesidades reais do tecido produtivo

Dom, 06/04/2025 - 13:58
Innovatech

Un total de 60 equipos de 37 centros educativos veñen de pasar á segunda fase de InnovaTech FP, na busca de solucións tecnolóxicas innovadoras a un total de 20 retos propostos por firman punteiras do tecido produtivo galego na segunda edición do programa impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.

De entre os 243 equipos participantes escolléronse os tres que presentaron as mellores propostas de solución para cada un dos retos. Agora, co apoio técnico do Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, en Ourense, dispoñen ata final de curso para desenvolvelos. A edición InnovaTech FP de 2025 concluirá cunha xornada de presentación das solucións desenvolvidas, da que sairá a proposta gañadora de cada reto, que se incorporará á área de emprendemento industrial do Eduardo Barreiros, onde contarán cos medios dispoñibles para a súa incubación e aceleración, podendo derivar na creación de empresas innovadoras e de base tecnolóxica.

O programa InnovaTech FP, enmarcado na Estratexia de FP Galicia 2030 e no Plan Innova FP Galicia, está enfocado ao impulso da innovación tecnolóxica por parte do alumnado de Formación Profesional e a transferencia de coñecemento aos sectores produtivos. A previsión é mobilizar máis de 2.000 alumnos e 400 profesores de 100 centros de FP durante o curso 2023-24 e 2024-25, cun investimento de 1,5M€ neste período.

Entre os seus obxectivos específicos están o de xerar innovación aplicada que poida derivar no desenvolvemento de proxectos de emprendemento tecnolóxico e industrial, a resolución de retos tecnolóxicos dos sectores produtivos galegos, o fortalecemento da colaboración público-privada, o desenvolvemento do rural e a promoción de liñas de actuación que colaboren na redución da fenda de xénero.

Con esta iniciativa búscase incentivar, entre o alumnado e os titulados de FP que contan cunha alta formación tecnolóxica, o desenvolvemento de proxectos avanzados no eido tecnolóxico e industrial co obxectivo último de lograr unha transferencia de coñecemento cara as empresas dos distintos sectores produtivos da Comunidade.

Os equipos seleccionados para a segunda fase son os seguintes:

EMPRESA

RETO

CENTROS SELECCIONADOS

Naturgy

Solucións sostibles para a xestión de palas de aeroxeradores en desuso

-CIFP Universidade Laboral (Culleredo)

-CIFP Someso (A Coruña)

-CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

L’Oreal

Plataforma dixital para mellorar a empregabilidade e adaptación ás novas tendencias no sector da imaxe persoal

-IES de Teis (Vigo)

-CIFP Someso (A Coruña)

-IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)

Viaqua

Mantemento preditivo de equipos industriais mediante análise acústica con intelixencia artificial

-IES Maximino Romero de Lema (Zas)

-CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense)

-IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña)

 

Roberto Verino

Optimización da xestión de inventarios no sector da moda mediante intelixencia artificial

-IES de Teis (Vigo)

-IES Terra de Xallas (Santa Comba)

-IES Ordes (Ordes)

Finsa

Valorización das cinzas resultantes da combustión de biomasa

-IES Ribeira do Louro (O Porriño)

-IES A Sardiñeira (A Coruña)

-IES Plurilingüe de Valga (Valga)

El Pulpo

Plataforma de economía circular mediante intelixencia artificial para o sector da moda

-IES Fernando Blanco (Cee)

-IES de Teis (Vigo)

-CIFP Portovello (Ourense)

 

Pérez Rumbao

Sistema integral de localización e xestión de vehículos en talleres de automoción

-IES San Mamede (Maceda)

-CIFP Universidade Laboral (Culleredo)

-CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

Fundación San Rosendo

Solucións tecnolóxicas para fomentar a motivación e participación en terapias de rehabilitación

-CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

-IES da Pobra do Caramiñal (A Pobra do Caramiñal)

-IES San Mamede (Maceda)

Diesemm

Plataforma dixital para a xestión optimizada de recursos e persoal en grandes eventos

-CIFP Audiovisual de Vigo (Vigo)

-CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol)

-IES Lois Peña Novo (Vilalba)

Coca-Cola

Redución do consumo de auga no proceso de pasteurización de refrescos

-CIFP Fraga do Eume (Pontedeume)

-CIFP As Mercedes (Lugo)

-CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Repsol

Sistema de análise preditiva para equipos críticos na industria química

-CIFP Universidade Laboral (Culleredo) *con dous proxectos

-IES Marqués de Sargadelos (Cervo)

Navantia

Mellora da inspección e control na construción modular de buques

-CIFP Ferrolterra (Ferrol)

-CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

-IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña)

EBA

Sistema de embalaxe ecolóxico para a protección de mercadorías no transporte internacional

-CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

-CIFP Someso (A Coruña)

-CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

Zendal

Método in vitro para a cuantificación de toxoides na produción de vacinas

-CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

-IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)

-CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Grupo Cuevas

Mellora do proceso de pelado de castañas para a elaboración de marrón glacé

-CIFP Manuel Antonio (Vigo)

-CIFP Ferrolterra (Ferrol)

-CIFP A Farixa (Ourense)

Offshore Windwaves

Sistema remoto para a inspección e reparación de soldaduras en tubaxes de difícil acceso

-IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes)

-CIFP Someso (A Coruña)

-CIFP Ferrolterra (Ferrol)

 

Biomasa Forestal

Produtos alternativos para reducir a estacionalidade nas plantas de biomasa

-CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (A Coruña)

-IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia)

-CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)

Quescrem

Optimización da xestión de lodos orgánicos obtidos na produción de biogás

-IES A Sardiñeira (A Coruña)

-CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

-IES Monte Castelo (Burela)

EMAFESA

Sistema automático para a detección e control de fugas de auga en tempo real

-CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

-CIFP Ferrolterra (Ferrol)

-CIFP Politécnico de Lugo

BOAGA

Solución dixital para a automatización das medidas zootécnicas do gando

-IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña)

-IES Urbano Lugrís (A Coruña)

-CIFP Ferrolterra (Ferrol)