Título node Learning object

Os alumnos galegos Marta Vidal Pita e Óscar Rivero Salgado representarán a España na XLIII Olimpíada Internacional de Física
Xov, 26/04/2012 - 10:25
Marta Pita Vidal e Óscar Rivero Salgado

Marta Pita Vidal, do IES Rosalía de Castro de Santiago, e Aitor Azemar, do IES Arnau Cadels de Sat Cugat del Valles (Barcelona), foron gañadores da Olimpíada Nacional de Física, organizada pola Real Sociedade Española de Física, e que este ano se celebrou en Bilbao.

Ademais, Marta Pita Vidal conseguiu o premio especial ao mellor traballo da fase experimental, polo que este verán fará unha visita a diversas institucións científicas de Alemaña.

Marta e Aitor son as principais figuras dun equipo de cinco estudantes que acudirán representando a España na Olimpíada Internacional de Física, que se celebrará en Tallin (Estonia) o próximo mes de xullo, no que tamén estará Óscar Rivero Salgado, do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia. Os outros dous clasificados para a competición internacional veñen de  Xirona e Xixón.

 

Menús Learning object node R