Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de secundaria e outros
Xúntase a Resolución do 3 de marzo de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).
O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 5 de marzo ata o 18 de marzo de 2025, ambos incluídos.
- Para formular RECLAMACIÓNS deberá proceder do seguinte xeito:
a) para reclamar ao baremo provisional
Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo da súa solicitude presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/
1.-Unha vez feita esta comprobación, acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
2.-Na opción Participación do menú poderá ver a súa solicitude validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.
3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.
4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".
5.- Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.
6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2024 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.
7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.
b) para reclamar á exclusión provisional
Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/), localizando o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2024, premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.
- Para formular RENUNCIA deberá proceder do seguinte xeito:
1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.
3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".
4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.
5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) do ano 2024 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.
6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.
Orde do 21 de outubro de 2024 (DOG)
Resolución do 11 de decembro de 2024 (composición da Comisión de Avaliación)
Resolución do 11 de febreiro de 2025 (vacantes provisionais)
Anexo I: Vacantes provisionais do corpo 555
Anexo II: Vacantes provisionais do corpo 590
Anexo III: Vacantes provisionais do corpo 592
Anexo IV: Vacantes provisionais do corpo 593
Anexo V: Vacantes provisionais do corpo 594
Anexo VI: Vacantes provisionais do corpo 595
Anexo VII: Vacantes provisionais do corpo 596
Anexo VIII: Vacantes provisionais do corpo 597
Anexo IX: Vacantes provisionais do corpo 598
Resolución provisional secundaria e outros
Relación provisional de persoas excluídas (Secundaria)
Adxudicación provisional alfabético ( inspectores)
Adxudicación provisional funcionarios en prácticas (inspectores)