Convocatoria da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos de 2025
Lun, 03/03/2025 - 14:12
Publicada a Resolución do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
- O prazo de presentación de solicitudes será do 6 ao 19 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.