Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2024/2025
Ven, 21/02/2025 - 19:57
De conformidade co artigo 11 da Orde do 11 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2024/2025 en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Eramus+, procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.