Título node Learning object

O vindeiro 23 de abril pecha o prazo para solicitar axudas do Programa de cooperación territorial Aulas da Natureza 2012
Ven, 20/04/2012 - 13:00
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte

O vindeiro 23 de abril pecha o prazo para solicitar axudas do Programa de cooperación territorial Aulas da Natureza 2012. O prazo de presentación de solicitudes para os centros pecha o 2 de maio.

Este programa vai dirixido a alumnado con idade comprendida entre 11 e 13 anos matriculado en centros educativos españois sostidos con fondos públicos. Até un 30% das prazas resérvanse para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Trátase dun proxecto que pretende favorecer a aprendizaxe e a convivencia de alumnado de diferente procedencia, nivel socio económico e capacidade, contribuíndo á consecución do máximo grado de inclusión e normalización nun entorno educativo non formal e en contacto directo coa natureza.