Publicación para efectos informativos das solicitudes de participación dos concursos e puntuacións outorgadas
Para xeral coñecemento e para efectos meramente informativos, desde o día 31 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2025 poderanse consultar as solicitudes de participación do concurso xeral de traslados e dos específicos de adultos e orientación na lapela Listaxes de concurso/ Listaxes de instancias no menú esquerdo desta páxina web.
De conformidade coa base trixésima da Orde do 21 de outubro de 2024 (DOG nº 212, do 4 de novembro) e a base décimo oitava da Orde do 4 de decembro de 2024 (DOG nº 234, do 4 de decembro), o persoal concursante poderá presentar reclamacións á puntuación outorgada con anterioridade á resolución provisional do concurso unha vez que se fagan públicas na páxina web da consellería.
As reclamacións formularanse por correo electrónico aos seguintes enderezos segundo proceda:
persoal.primaria@edu.xunta.gal
persoal.secundaria@edu.xunta.gal
O persoal concursante deberá indicar no correo electrónico o seguinte:
Asunto: reclamación á puntuación outorgada no concurso
Mensaxe: no contido da mensaxe deberá concretarse o apartado, epígrafe ou subepígrafe que reclama e unha breve descrición da alegación efectuada.
Orde do 25 de novembro de 2024 (DOG)
Resolución provisional (Secundaria)
Adxudicación provisional secundaria
Resolución provisional (Primaria)
Relación provisional de persoas excluídas (Primaria)
Adxudicación provisional (Primaria)
Resolución adxudicación definitiva