Resolución provisional de proxectos admitidos e excluídos no programa de Centros Referentes na modalidade Innova-Lab para o curso 2024/25

Ven, 29/11/2024 - 12:19
cr

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar resolución provisional dos proxectos admitidos e excluídos para participar no Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

  • O prazo para presentar enmendas ou renuncias é de 5 días hábiles posteriores á publicación da presente resolución provisional no Portal Educativo.