Convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab

Mar, 15/10/2024 - 19:39
i

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

Esta resolución vén publicada ao abeiro do Plan MEGA e está dirixida aos centros educativos públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Neste programa ofértanse 4 modalidades relacionadas coa innovación educativa:

1. Mat-Lab: o centro educativo como promotor do razoamento científico e do uso das novas tecnoloxías, con especial fincapé na competencia matemática

2. Leo-Lab: o centro educativo como promotor da mellora da comprensión lectora da comunidade escolar

3. Inter-Lab: o centro educativo como promotor da competencia en comunicación lingüística, da competencia plurilingüe e da internacionalización do seu alumnado

4. Sosti-Lab: o centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

O prazo de solicitudes estará aberto dende o día seguinte á publicación desta resolución no portal educativo ata o día 13 de novembro, ámbolos dous incluídos.

 

Acceso á aplicación