L2401027 Privacidade. Seguridade e benestar dixital
A Mariña volve a ser o escenario dun novo curso neste primeiro trimestre. O IES Perdouro de Burela acollerá a actividade L2401027 Privacidade. Seguridade e benestar dixital neste final de novembro. 15 horas de formación co relator Lois Anxo Rodríguez Calvo, 3 delas non presenciais. As sesións terán lugar os días 21, 26 e 28 de novembro de 16:00 horas a 20:00 horas. Aínda contamos con algunha praza dispoñible de última hora, polo que estás a tempo de apuntarte no seguinte enderezo de correo electrónico: belenorti@edu.xunta.gal
Obxectivos
1. Contextualizar e aplicar os criterios didácticos e coñecementos técnicos para a protección dos datos persoais, a privacidade e a garantía de dereitos dixitais de toda a comunidade educativa desenvolvendo a competencia en seguridade dixital.
2. Coñecer e aplicar os distintos tipos de licenzas e os dereitos de autoría asociados a elas para publicar, transmitir, reproducir, citar, difundir, intercambiar, reutilizar ou compartir contidos dixitais propios e de terceiros.
3. Obxectivo parte na rede. Identificar situacións nas que se puideron vulnerar os dereitos persoais e dixitais ou o benestar dixital, capacitando ao alumnado para implementar o protocolo de ciberseguridade establecido no plan dixital.
Contidos
1. Protección de datos persoais: rexistro, xestión e publicación.
2. Privacidade e dereitos dixitais.
3. Identidade, responsabilidade e benestar dixital.
4. Tipos de licenzas e dereitos de autoría asociados a elas.
5. Protección de datos persoais: rexistro, xestión e publicación.
6. Privacidade e dereitos dixitais.