L2401011 Ferramentas dixitais para a accesibilidade universal
Este mes de novembro contamos cunha interesante actividade no CFR de Monforte de Lemos: L2401011 Ferramentas dixitais para a accesibilidade universal. Un curso de 15 horas (con 3 desas horas non presenciais) no que se traballará a diversidade e a tecnoloxía de maneira conxunta. A Aula de Informática da sección de Monforte de Lemos do CFR de Lugo acollerá esta actividade que terá lugar os días 14, 21 e 28 de novembro. O horario será de 16:30 horas a 20:30 horas.
Obxectivos
- Buscar e seleccionar recursos e contidos dixitais para a atención á diversidade do alumnado atendendo a criterios didácticos e pedagóxicos.
- Deseñar situacións de aprendizaxe accesibles e inclusivas que impliquen o uso das tecnoloxías dixitais para implicar ao alumnado e potenciar a motivación deste no seu proceso de aprendizaxe.
- Obxectivo parte na rede. Analizar e experimentar tecnoloxías dixitais para a comunicación e monitorización da participación do alumnado no proceso de aprendizaxe atendendo á protección de datos.
Contidos
- Selección, busca e organización de recursos e contidos dixitais accesibles e inclusivos.
- Tecnoloxías dixitais para a comunicación, interacción e monitorización do alumnado así como para a identificación das barreiras para a aprendizaxe.
- Protocolos de protección de datos e dereitos e garantías dixitais para o emprego das tecnoloxías dixitais na comunicación, interacción e monitorización.
- Boas prácticas. Deseño de tarefas e o emprego de ferramentas dixitais seguindo os principios de accesibilidade.